Hidromel
O hidromel[1] é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa.
Na Grecia clásica chamábase "melikraton" e os romanos chamábanlle "auga mulsum", aínda que esta poida ser unha variante feita con viño de uva adozado con mel. Plinio conta que foi Aristeo quen criou a primeira fórmula do hidromel.[Cómpre referencia]
Outras culturas antigas consumidoras desta bebida foron a celta, a saxoa e a viquinga. Tamén era coñecido o consumo dunha bebida similar na civilización maia.
Existía a tradición de que os matrimonios acabados de casar debían consumir esta beberaxe durante o primeiro ciclo lunar despois da voda para teren un fillo home. De aí provén a lúa de mel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hidromel.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hidromel |