Saltar ao contido

Jonathan Wells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Wells
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
RelixiónIgrexa da Unificación Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - Bioloxía molecular, bioloxía celular (–1994)
Universidade Yale - ciencias da relixión (–1986)
Seminario Teolóxico da Unificación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía, evolución e Creacionismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo Editar o valor en Wikidata

John Corrigan "Jonathan" Wells, nado en Nova York o 19 de setembro de 1942 e finado o 19 de setembro de 2024, foi un biólogo molecular norteamericano, autor e partidario do principio pseudocientífico do deseño intelixente.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wells uniuse á Igrexa da Unificación en 1974, e seguidamente deixou escrito que as ensinanzas do fundador desa igrexa Sun Myung Moon, xunto cos seus propios estudos no Seminario Teolóxico da Unificación e as súas predicacións o convenceron de que tiña que dedicar a súa vida a "destruír o darwinismo". O termo darwinismo é a miúdo utilizado polos partidarios do deseño intelixente para referirse ao consenso científico actual sobre a evolución.[2][3][4] Obtivo un PhD en estudos relixiosos na Universidade Yale en 1986, e chegou a ser Director da organización de divulgación interrrelixiosa da Igrexa da Unificación na cidade de Nova York. En 1989, estudou na Universidade de California, Berkeley, onde obtivo un PhD en bioloxía molecular e celular en 1994. Fíxose membro de asociacións científicas e publicou en revistas académicas.

No seu libro Icons of Evolution: Science or Myth? (2000), Wells argumenta que varios exemplos usados para ilustrar libros de texto estaban moi esaxerados, distorsionando a verdade, ou eran patentemente falsos. Wells dixo que isto mostra que a evolución entra en conflito coas evidencias, e así argumentou contra a súa ensinanza na educación pública.[5][6][7] Algúns dos autores que examinaron Icons of Evolution dixeron que Wells cita mal aos expertos como fontes e toma asuntos menores fóra de contexto, baseando o seu argumento en siloxismos defectuosos.[6][8] Autores que foron citados no seu libro por Wells para defender a súa tese acusaron a Wells de citalos incorrectamente á mantenta e confundir aos lectores.[9][10] As concepcións de Wells sobre a evolución foron rexeitadas pola comunidade científica.[4][5][11]

  1. Wells, Jonathan (novembro de 2004). "Using Intelligent Design Theory to Guide Scientific Research" (PDF). Progress in Complexity, Information and Design (Princeton, NJ: International Society for Complexity, Information, and Design). 3.1.2. ISSN 1555-5089. OCLC 315922913. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2006. Consultado o 2008-07-16. 
  2. Gishlick, Alan D. (23 de novembro de 2006). "Icon 4 — Haeckel's Embryos". National Center for Science Education. Berkeley, CA: National Center for Science Education. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 2008-12-17. 
  3. Wells, Jonathan. "Darwinism: Why I Went for a Second Ph.D.". True Parents Organization. Denver, CO. Consultado o 2013-12-12. 
  4. 4,0 4,1 Forrest, Barbara (marzo de 2000). Dembski, William A, ed. "The Rise and Fall of Baylor University's Michael Polanyi Center (Barbara Forrest's Letter to Simon Blackburn)". DesignInference.com. William Dembski. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2008. Consultado o 2013-12-12. Como afirmei antes Johnson, Dembski, e os seus asociados asumiron a tarefa de destruír o 'darwinismo', o 'naturalismo evolucionista', o 'materialismo científico', o 'naturalismo metodolóxico', o 'naturalismo filosófico', e outros 'ismos' que eles usan como sinónimo de evolución.  Citado en "Rebuttal to Reports by Opposing Expert Witnesses" Arquivado 26 de outubro de 2005 en Wayback Machine. (PDF) de William A. Dembski (14 de maio de 2005).
  5. 5,0 5,1 Wells, Jonathan. "INTRODUCTION to ICONS of EVOLUTION: Science or Myth? Why much of what we teach about evolution is wrong". Icons of Evolution. Seattle, WA: Discovery Institute. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2013. Consultado o 2013-12-12. A evolución biolóxica é a teoría na que todas as cousas vivas son descendentes modificados dun antepasado común que viviu no pasado distante. Afirma que vostede e mais eu somos descendentes de antepasados similares a simios, e que eles á súa vez proceden de animais aínda máis primitivos.
    [...]
    ...moito do que explicamos sobre evolución é incorrecto. Este feito formula incómodas cuestións sobre o status da evolución darwinista. Se as iconas da evolución se supón que son as nosas mellores evidencias da teoría de Darwin, e todas elas son falsas ou confunden, que nos fai iso dicir sobre a teoría? É ciencia ou mito?
     
  6. 6,0 6,1 Coyne, Jerry (12 de abril de 2001). "Creationism by stealth". Nature (Book review) (Londres: Nature Publishing Group) 410: 745–46. doi:10.1038/35071144. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 2006-12-24. 
  7. Wells, Jonathan (12 de xuño de 2002). "Critics Rave Over Icons of Evolution: A Response to Published Reviews". Center for Science and Culture. Seattle, WA: Discovery Institute. Consultado o 2007-08-13. Varios deles esaxeran moito ou distorsionan a verdade, mentres que outros son patentemente falsos. Porén, encóntranse ano tras ano en case todos os libros de texto que tratan sobre a teoría evolutiva, e invariablemente acompañan outro material que promove esa teoría. Cando alguén sinala que os exemplos dos libros de texto terxiversan os feitos, os darvinistas non corren a corrixilos. Ao contrario, corren a defendelos. 
  8. Forrest & Gross 2004, p. 98. Entre as revisión especificamente citadas están as de David Ussery, Massimo Pigliucci, Kevin Padian e Alan Gishlick.
  9. Forrest & Gross 2004, p. 111. Quoting Dr. Bruce Grant, Professor of Biology at College of William & Mary: "Pero debería eu culpar á Sra. Rider pola súa ultraxe ao aprender que as avelaíñas foran coladas [con pegamento] ás árbores? Non. En vez diso a quen culpo é ao Dr. Wells, que escribiu o artigo que ela cita como a súa fonte de información. Aínda que el non fixo ningún traballo sobre o melanismo industrial, escribiu [unha] opinión sobre ese traballo. Para alguén que non sexa deste campo, el pasa por un erudito, completo con Ph.D. Desafortunadamente, o Dr Wells é intelectualmente deshonesto. . . . El viste profusamente os seus ensaios con citas de expertos (incluíndo algunhas miñas) que son xeralmente sacadas de contexto, e sistematicamente omite detalles relevantes para que pareza que as nosas conclusións son infundadas, defectuosas ou fraudulentas."
  10. Coyne, Jerry (6 de decembro de 2000). "Criticism of moth study no challenge to evolution". The Pratt Tribune (Letter to the editor) (Pratt, KS: GateHouse Media). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 2013-12-12. Os creacionistas como Jonathan Wells afirman que as miñas críticas a estes experimentos botan grandes dúbidas sobre o darwinismo. Pero esta caracterización é falsa. ... A miña petición de investigacións adicionais sobre as avelaíña foi incorrectamente caracterizada polos creacionistas como que revelaba algún defecto fatal na teoría da evolución. ... É unha clásica táctica creacionista (como se exemplifica no libro de Wells 'Icons of Evolution') afirmar que un saudable debate científico é realmente un signo de que os evolucionistas están cometendo fraude ou apuntalando unha teoría que non é sólida. 
  11. Humburg, Burt (26 de agosto de 2006). Cartwright, Reed A., ed. "The Politically Incorrect Guide to Darwinism and Intelligent Design Review: Why Should Words Have Meanings? (Chapter 1)". The Panda's Thumb (Blog). Houston, TX: The TalkOrigins Foundation, Inc. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 2007-02-04. Para avanzar a súa tese, Wells ten que expresar a idea de que o propio 'darwinismo' se enfronta ao cristianismo tradicional: permitir aos alumnos aprendelo é abandonalos ao ateísmo, a decadencia, o liberalismo e perder a guerra cultural.
    Nótese que Wells non fai a guerra contra a evolución. De feito, esfórzase por deixar (algo) claro que fai a guerra contra o 'darwinismo', que en contexto podería soar como o tipo de cousas contra as que calquera cristián sensible podería querer protexerse. Desafortunadamente, Wells non é exactamente claro sobre o que para el significa que o darwinismo é oposto á evolución.
    [...]
    Facilmente, un dos salientables fallos da diatriba de Wells é unha xeneralizada confusión de termos. Palabras como 'darwinismo' e 'cristiandade tradicional' parecen significar calquera cousa que Wells quere que signifiquen en cada frase específica. En moitos casos as palabras son usadas independentemente das súas definicións establecidas e usualmente sen importar o uso que se lle dá noutras partes do libro. Hai varias posibles razóns para esta confusión de termos. Primeiro, a confusión de Wells pode ser deseñada. Argumentei noutra parte que os creacionistas pretenden confundir ás súas audiencias cando argumentan. Segundo, se vostede revisa a páxina de agradecementos, lerá como Wells usou moitos autores para que lle axudasen a preparar este texto. É posible que a dirección de Wells fose tan insuficiente que deixou que un termo que forma parte do propio título do libro teña un significado flexible. A miña sospeita é que houbo tanto disparidade entre a comprensión dos termos clave por diferentes autores coma tamén unha intención de confundir.
     

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]