La Razón (España)
Fundación | 1998 |
---|---|
Xénero | Información xeral |
País | España |
Cidade | Madrid |
Ámbito | Nacional |
Lingua | Castelán |
Periodicidade | Diaria |
Publicación | Matutina |
Prezo unitario | 1,30€ |
Fundador | Luis María Anson |
Director | Francisco Marhuenda |
La Razón é un xornal español de información xeral, fundado en 1998 por Luis María Anson e propiedade do Grupo Planeta. O seu director actual é Francisco Marhuenda e conta con colaboradores como Alfonso Ussía, César Vidal, Carmen Gurruchaga ou Carlos Rodríguez Braun.
A súa liña editorial é conservadora. Aínda que o seu formato variou en numerosas ocasións desde o seu primeiro número, as portadas de La Razón adoitan ser rechamantes, formadas por apenas tres ou catro noticias. A súa redacción central atópase en Madrid aínda que conta con delegacións en Cataluña, Andalucía, Murcia, Valencia e Castela e León.
Polémica
[editar | editar a fonte]Desde que Francisco Marhuenda é o seu director o diario foi protagonista pola intencionalidade e deseño das súas portadas. Chegando ata a saltar a outros medios de comunicación e propiciar un debate na rúa acerca da conveniencia de utilizar este tipo de portadas.[1] En Internet pódense atopar concursos para votar e decidir cal é a portada máis polémica.[2]
A edición do 9 de maio de 2012 causou un gran rexeitamento entre amplos sectores da esquerda e foi criticada ata polo diario francés Le Monde, onde aparecían as fotografías de cinco estudantes con nomes e apelidos e debaixo das imaxes un texto cualificábaos de axitadores por chamar á participación na manifestación contra os recortes educativos. O sindicato de estudantes de España decidiu denunciar ao xornal.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A polémica portada de La Razón axita as redes". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2012.
- ↑ "As portadas máis polémicas de La Razón". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2012.
- ↑ A portada de 'La Razón' revolve á esquerda