La cambiale di matrimonio
La cambiale di matrimonio O contrato de matrimonio | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Gaetano Rossi |
Fontes literarias | Baseado na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia. |
Estrea | 3 de novembro de 1810 |
Teatro da estrea | Teatro San Moisè |
Lugar da estrea | Venecia |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
La cambiale di matrimonio (en galego O contrato de matrimonio) é unha ópera buffa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Rossi. O libreto baseouse na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia, Il matrimonio per lettera de cambio (1807). Trátase da primeira ópera composta por Rossini e foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 3 de novembro de 1810.
Composta nuns poucos días cando tiña 18 anos, esta farsa buffa foi a primeira ópera profesional de Rossini, composta seguindo a moda da época, na que se estilaban moito estas pequenas óperas absurdas e cómicas. A abertura, escrita cando era estudante no Liceu Musicale en Boloña, é habitual no repertorio de concerto.[1]
Esta ópera case non se representa na actualidade. Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.
Representacións
[editar | editar a fonte]A partitura chamou a atención dende o mesmo momento dos ensaios. A orquestra encargada de tocar quedou estrañada ao ver tal cúmulo de notas ata tal punto que chegaron a afirmara que aquilo era imposible de tocar porque non se entendería absolutamente nada. As óperas italianas precedentes non eran tan densas dende o punto de vista orquestral. Porén os ensaios seguiron adiante e finalmente a farsa foi estreada colleitando bos resultados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 3 de novembro de 1810 (Director: -) |
---|---|---|
Tobías Mill (un comerciante inglés) | baixo buffo | Luigi Raffanelli |
Fanny (filla de Tobías) | soprano | Rosa Morandi |
Edward Milfort (pretendente de Fanny) | tenor | Tommaso Ricci |
Slook (un comerciante canadense) | baixo buffo | Nicola De Grecis |
Norton (empregado de Tobías) | baixo | Domenico Remolini |
Clarina (doncella de Fanny) | mezzosoprano | Clementina Lanari |
Argumento
[editar | editar a fonte]Nunha cidade inglesa do século XVIII, un mercador local, Tobias Mill, recibe un contrato de matrimonio en branco dun home de negocios canadense, Mr. Slook, que ten intención de casar en Inglaterra. A pesar da sorpresa, Mill anuncia aos seus criados Norton e Clarina que pretende aceptar o contrato en favor da súa filla Fanny. Cando Fanny e o seu amante pobre Edward Milfort se decatan, Milfort promete loitar por ela. Slook chega a escena e vese sorprendido tanto pola elaborada recepción como pola prontitude con que Mill quere levar a cabo o matrimonio. Slook diríxese a Fanny nun dueto que pronto se expande cando Milfort se une ameazando a Slook fisicamente a non ser que abandone a cidade de inmediato.
Slook ofrece retirar a oferta, mais Mill séntese traizoado e o desafía a un duelo. Slook fai de Milfort o seu herdeiro, cédelle a Fanny e se prepara para deixar a cidade. Fanny e Milfort están agradecidos e Slook reláxase fumando unha pipa. Mill, que non sabe nada do acordo, irrompe en escena. Todo o asunto é aclarado e consecuentemente celebrado.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini foi escrita para pequena orquestra, composta por:
Para os recitativos:
- Piano (violoncello e contrabaixo ad libitum)
Estrutura
[editar | editar a fonte]- Sinfonia
- 1 Introduzione Non c'è il vecchio sussurrone (Norton, Clarina, Mill)
- 2 Duetto Tornami a dir che m'ami (Edoardo, Fannì)
- 3 Aria Grazie, grazie! (Slook)
- 4 Terzetto Darei per sì bel fondo (Slook, Fannì, Edoardo)
- 5 Aria Anch'io son giovane (Clarina)
- 6 Duetto Dite presto dove sta (Mill, Slook)
- 7 Recitativo e aria Vorrei spiegarvi il giubilo (Fannì)
- 8 Finale Porterò così il cappello (Mill, Slook, Clarina, Fannì, Norton, Edoardo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |