Saltar ao contido

Ligamento radial externo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamento radial externo
Ligamentos do pulso
Gray's pág.328

O ligamento radial externo, radial colateral ou radiocarpal colateral é un ligamento do membro superior humano pertencente á articulación radioescafolunar. Orixínase na apófise estiloide radial e insírese no óso escafoide. Algunhas febras continúanse a través do ligamento transverso do carpo. O ligamento está unido á arteria radial, e moi preto dos tendóns do músculo abdutor longo do polgar e do músculo extensor curto do polgar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.