Lingua abane
Abane | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Avane | |
Falado en: | Venezuela | |
Extinción: | finais do século XX | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Arauaco do alto Amazonas Orinoco Yavitero Abane | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | bvv
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua abane (tamén escrita como avane e coñecido como baniwa ou baniva yavitero),[2] é unha lingua morta que pertence á familia das linguas arauacas que foi falada até o finais do século XX en Venezuela. Só se rexistrou desta lingua unha curta lista de palabras recollidas a finais do século XVIII.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Falouse principalmente na rexión do Amazonas de Venezuela e ao longo da fronteira con Colombia, e tiña uns dialectos chamados quirruba[2] e baniva-avani.[3] A lingua probablemente comezou a esmorecer coa chegada dos xesuítas a finais do século XVIII.
A lingua avane incluía un nome coloquial para referirse ao pobo maipure veciño, "metimetichini", que pode aludir con humor á natureza polisílaba de moitas palabras maipure e contén dous sons que normalmente non se atopan en avane.[4] A lingua tamén comparte algunhas palabras con outras da mesma familia, incluíndo maipure e guipunave, mais é claramente distinta foneticamente.[4]
Fonética
[editar | editar a fonte]O abane caracterízase foneticamente, en comparación con Maipure, por amosar algunhas grandes diferenzas. O abane usa o parada dental /[d]/, que non se ve en maipure pero é orixinario do yavitero e do baniva. Usa a fricativa glotal /[h]/ (/[x]/) antes de /[i]/ e/ou /[a]/, onde o maipure usaría /[t]/, /[k] /, e /[j]/. Tamén, a diferenza de Maipure, os ditongos /[ai]/ e /[au]/ non parecen estar contraídos en sílabas tónicas.[4] O etnógrafo Gilij describiu a pronunciación do abane como "groseira, gutural" en comparanza coa versión "amable e fermosa" do maipure.[5]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]En morfoloxía, o abane é achegado ao maipure, xa que os dous empregan o sufixo "morfo baleiro" "-cà" para certos verbos activos e principalmente intransitivos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Baniva". Ethnologue (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-07-03. Consultado o 2019-09-20.
- ↑ "Glottolog 4.0 - Avane". glottolog.org. Arquivado dende o orixinal o 2019-09-20. Consultado o 2019-09-20.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Zamponi, Raoul (2003). Maipure. Múnic: Lincom.
- ↑ Campbell, Lyle (21 de setembro de 2000). American Indian languages : the historical linguistics of Native America. Oxford. ISBN 9780195349832. OCLC 1108851780.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aikhenvald, Alexandra Y. (1999). "The Arawak language family". En Aikhenvald, Alexandra Y.; Dixon, R.M.W. The Amazonian languages. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 65–106.