Lokomotiv Yaroslavl
Lokomotiv Yaroslavl ХК Локомотив | |
---|---|
Fundación | 1959 |
Cidade | Yaroslavl, Óblast de Yaroslavl Rusia |
Estadio | Pazo dos Deportes Nagorny (16.940 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Tarasov |
Campionatos | 0 |
Propietario(s) | RZhD |
Director | Yuri Lukin |
Adestrador | Tom Rowe |
Afiliado(s) | Loko (MHL) |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
https://hclokomotiv.ru/ | |
O Lokomotiv Yaroslavl é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Yaroslavl, en Rusia, que disputa a Kontinental Hockey League. Trátase dun dos equipos máis importantes de Rusia, como demostra o feito de ter disputado a gran final do torneo KHL en 2009. No seu palmarés ten 3 títulos da antiga Superliga de Rusia, competición que desapareceu co nacemento da KHL.
Estatísticas na KHL
[editar | editar a fonte]Tempada | Tempada Regular | Play-off | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | Posición na División |
Posición na Conferencia |
Posición na Liga |
Xog | Gañ | GTE | PTE | Per | Pts | Goles+ | Goles- | Xog | Gañ | Per | Goles+ | Goles- | Resultado | |
2010-11 | Tarasov Division |
1 | 1 | 3 | 54 | 33 | 2 | 5 | 14 | 108 | 202 | 143 | 18 | 10 | 8 | 63 | 62 | Gañou nos Cuartos de Final de Conferencia, 4-3 (HC Dinamo Minsk) Gañou nas Semifinais de Conferencia, 4-1 (Dinamo Riga) Caeu nas Finais de Conferencia, 2-4 (Atlant Moscow Oblast) |
2009-10 | Tarasov Division |
3 | 5 | 7 | 56 | 26 | 5 | 8 | 17 | 96 | 163 | 132 | 17 | 10 | 7 | 54 | 37 | Gañou nos Cuartos de Final de Conferencia, 3-1 (Atlant Moscow Oblast) Gañou nas Semifinais de Conferencia, 4-2 (HC Spartak Moscova) Caeu nas Finais de Conferencia, 3-4 (HC MVD) |
2008-09 | Kharlamov Division |
1 | n/a | 3 | 56 | 32 | 4 | 7 | 13 | 111 | 175 | 111 | 19 | 13 | 6 | 57 | 33 | Gañou nos Dezaseisavos de Final, 3-1 (HC Neftekhimik Nizhnekamsk) Gañou nos Cuartos de Final, 3-0 (HC Spartak Moscova) Gañou nas Semifinais, 4-1 (Metallurg Magnitogorsk) Caeu nas Finais, 3-4 (Ak Bars Kazan) |
- GTE Gañados no tempo engadido
- PTE Perdidos no tempo engadido
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Superliga Rusa (3) = 1996-97, 2001-02, 2002-03
Accidente de avión
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl en 2011.
O 7 de setembro de 2011 todo o corpo técnico e tódolos xogadores do equipo menos ún (Alexander Galimov, de 26 anos) morreron nun accidente de avión preto do aeroporto de Tunoshna, en Yaroslavl, cando se dirixían a Minsk nun avión Yak-42. Nese accidente morreron 43 dos 45 ocupantes do aparato.[1] O 12 de setembro morreu o único sobrevivente do equipo, Alexander Galimov, que tiña queimaduras no 80% do corpo e a quen lle fora transplantada a traquea o día anterior. A única persoa que continuou con vida tralo accidente formaba parte da tripulación do avión, e non do Lokomotiv.[2]
Este accidente provocou que o equipo non dispute ningunha competición na tempada 2011-12,[3] mesmo a pesar do ofrecemento dos demais equipos da liga de axudar ó club e de emprestarlle xogadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tragedia aérea para un equipo de hockey hielo ruso, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ Muere uno de los supervivientes del accidente del Yak-42, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El Lokomotiv Yaroslavl no competirá hasta la próxima temporada, artigo de Marca. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en ruso)