Yugra Khanty-Mansiysk
Yugra Khanty-Mansiysk Югра Ханты-Мансийск | |
---|---|
Fundación | 2006 |
Cidade | Khanty-Mansiysk, Khanty-Mansi Rusia |
Estadio | Arena Ugra (5.500 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Kharlamov |
Campionatos | 0 |
Adestrador | Sergei Shepelev |
Afiliado(s) | Mamonty Yugry (MHL) |
Cores | Azul, verde e branco |
Na rede | |
http://www.ugra-hc.ru/ | |
O Yugra Khanty-Mansiysk é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Khanty-Mansiysk, na rexión autónoma de Khanty–Mansi (Rusia). Actualmente xoga na Kontinental Hockey League (KHL), competición á que accedeu en 2010 para substituír ao Lada Togliatti.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 2006 e dende a súa fundación xogou con equipos competitivos e tivo moito éxito. Logo da primeira tempada do club, o Yugra garantiu o estato profesional e moveuse da Vtoraya Liga á Pervaya Liga. A súa estadía no terceiro nivel tamén durou unicamente unha tempada, cando Yugra gañou o campionato na tempada 2007-08. Seguiulle outra promoción, desta vez á segunda categoría, a Vysshaya hokkeinaya liga, onde gañaron o campionato as dúas tempadas que competiron nela.
En 2010, o Yugra foi admitido na Kontinental Hockey League para substituír o HC Lada Togliatti, que abandonara a competición por problemas financeiros.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2 Vysshaya hokkeinaya liga: 2009, 2010
- 1 Pervaya Liga: 2008
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficialArquivado 15 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en ruso)