Manuel Vidal Villaverde
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Vidal.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 Vigo, España |
Morte | 19 de outubro de 2024 (77/78 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Manuel Vidal Villaverde, nado en Vigo en 1946 e finado na mesma cidade[1] o 19 de outubro de 2024,[2] foi un xornalista e poeta galego.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Colaborou como xornalista en El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe e Atlántico Diario (sección “Camelias Street”), con artigos preferentemente literarios. Publicou tamén diversos traballos nas revistas Man Común, Grial e Cuadernos para el diálogo, e mostras do seu labor poético en Coordenadas (poesía galega actual) e en Nordés. Foi membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Luceiros fuxidíos (1994). A Coruña: Espiral Maior. ISBN 978-84-88137-22-7.
- A sombra do inimigo (1998). A Coruña: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 9788489814394.
- Palabras para cando ti e mais eu sexamos vellos.[4] [5]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Contra o tempo (2003). Santiago: Laiovento. 194 páxs. ISBN 9788484870296.
- Manuel María: entre santos e navallas (2016). Santiago: Laiovento. 74 páxs. ISBN 978-84‐8487‐328‐0.[6]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alma de beiramar, 2003, AELG.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Soñar en Roncesvalles, de Francisco Javier Ocaña Eiroa, 1995, Xunta de Galicia. Do castelán para o galego.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1997: Premio Julio Camba.[7]
- 2003: Premio Puro Cora
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario, Nós (2024-10-21). "Falece o poeta e xornalista vigués Manuel Vidal Villaverde". Nós Diario. Consultado o 2024-10-22.
- ↑ "Morre o escritor e xornalista vigués Vidal Villaverde". Faro de Vigo. 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Manuel Vidal Villaverde". alg.gal. Consultado o 22 de outubro de 2024.
- ↑ Publicado en Internet.
- ↑ Atlántico (2024-10-21). "Morre o poeta vigués Manuel Vidal Villaverde". Atlántico. Consultado o 2024-10-22.
- ↑ "Edicións Laiovento - MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS". laiovento.gal. Consultado o 2024-10-22.
- ↑ "Na memoria de Manuel Vidal Villaverde - VigoÉ". 2024-10-22. Consultado o 2024-10-22.