Manuela Oreiro Lema
(1841) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1818 Madrid, España |
Morte | 6 de maio de 1854 (35 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
María Manuela Oreiro Lema, chamada despois de casada Manuela Oreiro Lema de Vega, nada en Madrid en 1818 e finada en 1854, foi unha cantante de ópera.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estudou no Conservatorio María Cristina, tendo como profesor de solfexo a Baltasar Saldoni e de canto a Francesco Piermarini.
Carreira
[editar | editar a fonte]Contratada como prima donna assoluta polos teatros madrileños na tempada 1836-37, debutou no teatro da Cruz coa ópera I Capuleti e i Montecchi de Vicenzo Bellini, producindo un entusiasmo xeral, que posteriormente se reproduciu cando canta Ana Bolena, a esule di Roma e o Belisario.[2][3]
En 1838 casou con Ventura de la Vega, e tras unha breve ausencia da escena, volveu e a súa fama alcanzou o seu punto álxido cando chega a Madrid o famoso cantante Giovanni Battista Rubini, con quen cantaba, entre outras, as óperas Lucia di Lammermoor e La sonnambula, compartindo as ovacións co gran tenor.
En 1849 e 1850 participou en obras como Ildegonda, e La conquista de Granada de Emilio Arrieta; La Straniera, de Bellini; Luisa Miller de Giuseppe Verdi, outras.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1838 casou co dramaturgo e tradutor Ventura de la Vega. Foi nai do tamén dramaturgo de éxito Ricardo de la Vega.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Morreu antes de cumprir os trinta e seis anos. Rubini, o gran tenor, díxolle que nunca atopara ningún compañeiro de escena que tivese a voz, a alma e o canto tan enérxico de Manuela Oreiro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "María Manuela Oreiro Lema | Real Academia de la Historia". Consultado o 2020-09-23.
- ↑ Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana : etimologías sánscrito, hebreo, griego, latín, árabe, lenguas indígenas americanas, etc.; versiones de la mayoría de las voces en francés, italiano, inglés, alemán, portugués, catalán, esperanto. 40 Or - Paku. Espasa-Calpe. 1974. ISBN 84-239-4540-5. OCLC 256368379.
- ↑ Molina Martínez, José Luis. (2003). María Manuela Oreiro Lema (1818-1854) en el Diario de José Musso Valiente : la ópera en Madrid en el bienio 1836-1837 (1. ed ed.). Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia. ISBN 84-8371-369-1. OCLC 52189203. Consultado o 2020-09-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Espasa Tom no. 40, p. 247. ISBN 84-239-4540-5 (en castelán).