Matei Basarab
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1580 Brâncoveni (Wallachia) |
Morte | 25 de abril de 1654 (73/74 anos) Târgoviște, Romanía (pt) |
Lugar de sepultura | Târgoviște (pt) |
Monarca | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Valaquia |
Ocupación | hospodar (en) |
Familia | |
Familia | Dinastia Bassarabe (pt) |
Cónxuxe | Doamna Elena (1632–) |
Matei Basarab, nado en Brâncoveni (Olt) en 1588 e finado en Bucarest o 9 de abril de 1654, foi príncipe de Valaquia entre 1632 e 1654.
Reinado
[editar | editar a fonte]Durante a maioría do seu reinado, Matei estivo ocupado con defenderse das incursións moldovas en Valaquia, triunfando en 1637, 1639 e 1653- véxase a Batalla de Finta. Foi un dono iluminado, coñecido por introducir en Valaquia a prensa (1634) e creado o primeiro código de leis valaco, así como por ser patrón das artes e da relixión (fundador da primeira escola superior no seu Principado). Construíu máis de 45 igrexas e mosteiros, sendo comparado para isto con Estevo III de Moldova.
A súa elección en 1632 significou a primeira excepción dunha regra establecida polo hábito. Matei Basarab era soamente un boiardo (da familia Craioveşti), sen ser familiar dos príncipes anteriores - aínda que quizais se podería dicir o mesmo acerca de Mihai Viteazul. O motivo da súa elección foi a reacción dos boiardos autóctonos fronte á competición dos boiardos infiltrados de Grecia e do Levante mediterráneo. Quizais por estas circunstancias especiais Matei adoptou o nome "Basarab" - asociado a unha liñaxe lexítima fabricada.
O reinado de Matei Basarab coincide tamén coa derradeira etapa da decadencia dos nobres pequenos, o resultado da presión política dos boiardos e dos drásticos cambios económicos (a rebelión dos militares "seimeni" baixo Constantin Şerban ten probablemente a mesma causa).
Semella que o príncipe planeaba a emancipación fronte ao Imperio Otomán, así como a dominación sobre Moldova. Mantivo unha relación estreita co gobernador transilvano Xurxo II Rákóczi, un vasalo dos otománs ambicioso, poderoso, e con máis autonomía ca Matei.
Leis e reformas
[editar | editar a fonte]Pénsase que Matei Basarab e o seu contemporáneo, o príncipe moldovo Vasile Lupu, introduciron as primeiras leis escritas nos dous Principados. Con todo, os dous códigos practicamente idénticos non van en contra da tradición, senón que son traducións ao romanés dos costumes bizantinas, aludidas en documentos das décadas precedentes. As dúas coleccións do reinado de Matei son Pravila da Govora (1640) e Pravila lui Matei Basarab ("O Código de Matei Basarab"; tamén coñecido como Îndreptarea Legii - "O Arranxo da Lei", de 1652).