Monte Elbrus
(krc) Минги тау | |||||
Tipo | montaña | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Sete Cumios Sete cumes vulcânicos (pt) | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa e Asia | ||||
División administrativa | Elbrussky District, Rusia (en) | ||||
| |||||
Cordilleira | Bokovoy Range (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 5.642 m | ||||
Prominencia topográfica | 4.741 m | ||||
Illamento topográfico | 2.473 km | ||||
Material usado | Riolita tufo granito Gneis schistose rock (en) | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
22 de xullo de 1829 | primeira ascensión: leste | ||||
1874 | primeira ascensión: oeste | ||||
O Monte Elbrus (en ruso, Эльбрус; en kabardino, Ӏуащхьэмахуэ; en karachai-balkar, Минги тау) é unha montaña localizada na parte occidental da cordilleira do Cáucaso, na Rusia, preto da fronteira coa Xeorxia. O Cáucaso, xunto cos Urais, por convención histórica unicamente (e sen base xeográfica), é considerado a fronteira entre Europa e Asia. O artificialismo da fronteira nun contexto xeográfico é exemplificado polo feito de que a parte setentrional do Cáucaso frecuentemente é considerada como Europa, e a parte meridional na Asia. O monte Elbrus, con 5.642 metros sobre do nivel do mar, é así considerado como a montaña máis alta de Europa.
O Elbrus fica a 20 km ao norte da cordilleira principal do Gran Cáucaso e 65 km sur-suroeste da cidade rusa de Kislovodsk. O seu pico con neves eternas alimenta 22 glaciares que, á súa vez, dan orixe aos ríos Baksan, Kuban e Malka.
Na Antigüidade, o monte era coñecido como Strobilus, e acreditábase que Prometeo fora aló escorrentado.
Os alemáns ocuparon brevemente a montaña durante a segunda guerra mundial con 10000 soldados montañeses; unha historia, posiblemente apócrifa, conta que un piloto soviético recibiu unha medalla por ter bombardeado a cabana principal, Proit 11, cando estaba ocupada. Máis tarde, foille ofrecida unha medalla por non ter atinxido a cabana, mais sen o estoque de combustible, deixando a cabana intacta para as xeracións futuras.
O monte Elbrus non debe ser confundido coas montañas Alborz (tamén chamadas Elburz), no Irán.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]As montañas do Cáucaso son o resultado de colisión de dúas placas tectónicas, a placa arábica movéndose para o norte con relación á placa eurasiana. Elas forman unha continuación do Himalaia, que está sendo empurrado para riba por unha colisión similar entre as placas eurasiana e india. Toda a rexión é regularmente sacudida por fortes terremotos oriúndos desa actividade.
Ascensión
[editar | editar a fonte]O máis baixo dos dous picos foi escalado por vez primeira en 1868 por Douglas Freshfield, A. W. Moore e C. C. Tucker, e o máis alto (en aproximadamente 40 m) en 1874 pola expedición británica dirixida por F. Crauford Grove.
Durante os primeiros anos da Unión Soviética (URSS), o alpinismo tornouse un deporte popular, e houbo un tremendo tráfico de persoas no Elbrus. No inverno de 1936, un grupo inexperto de membros da xuventude comunista tentou escalar a montaña, e terminou por sufrir diversas baixas cando escorregaron no xeo e caeron para a morte.
A URSS animou as ascensións do Elbrus, e no 1956 foi escalado "en masa" por 400 alpinistas para marcar o 400° aniversario da anexión de Kabardino-Balkaria, a república socialista autónoma onde se localizaba o Elbrus.
De 1959 a 1976, un teleférico foi instalado en etapas que poden levar o visitante a unha altura de 3800 metros. Existen varias rutas ata o cumio, mais a ruta normal, que non ten fendas, continua aproximadamente en liña recta a partir do fin do teleférico. Durante o verán, non é raro ver ata 100 persoas por día tentando alcanzar o cumio por este camiño. A escalada non é tecnicamente difícil, mais é ardua fisicamente debido á altitude e aos ventos fortes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anthony Huxley: Standard Encyclopedia of the World's Mountains (Nova York: Putnam, 1962)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NASA Earth ObservatoryArquivado 28 de outubro de 2005 en Wayback Machine..
- NASA Earth ObservatoryArquivado 02 de agosto de 2007 en Wayback Machine..