Nébeda
Non confundir con "néboda", de nome científico Potentilla erecta
Nébeda | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calamintha nepeta' (L.) Savi | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Satureja calamintha |
A nébeda ou calaminta (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella ou nepitella. En galego tamén recibe como nomes calaminta e a variante néboda.
Distribución
[editar | editar a fonte]É nativa do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia); oeste asiáico: (Turquía), Cáucaso (Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Rusia, Ciscaucasia, Daxestan); Europa: Reino Unido, Austria, Hungría, Suíza, Moldova, Ucraína [incl. Crimea], Albania, Bulgaria; Grecia [incl. Creta]; Italia [incl. Sardeña, Sicilia]; Iugoslavia, Francia [incl. Córsega]; España [incl. Baleares, Portugal. Tamén aparece en Galiza.)
Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra en bosques pouco mestos, sebes e lugares incultos, ao pé dos valados e muros.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herba perenne, fanerógama da familia das labiadas, vivaz, moi ramificada, de 40 a 80 cm de altura, coas follas opostas, as flores brancas ou purpúreas reunidas nunha inflorescencia espiciforme e cun cheiro agradable e intenso.
- Satureja calamintha glandulosa: baixo cecemento, moi recendente, sur de Europa e Gran Bretaña
- Satureja calamintha officinalis: perenne, con cheiro a menta, de centro e sur de Europa [1]
Usos
[editar | editar a fonte]Planta ornamental, e medicinal. Úsase para a cocedura das castañas xunto a outras herbas como o fiúncho. Os seus compostos químicos son mentol, pulegona e piperitona.[2]
Propiedades
[editar | editar a fonte]Principios activos: A esencia contén até o 57% de pulegona, l-mentona e l-alfa-pineno.[1]
Indicacións: é tónico, estomacal, sudorífico, carminativo, antiespasmódico, expectorante, adstrinxente, emenagogo.[1]
Cocemento: Unha chisca de follas nunha cunca de auga a ferver.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dr. Berdonces I Serra. Satureja calamintha. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). p. 245. ISBN 84-305-8496-X.
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nébeda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nébeda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- USDA, ARS, National Genetic Resources Program.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Debuxos da especie
- Imaxes da especie
- Ficha en USDA National Plant Data Center (en inglés)
- Calamintha nepeta (L.) Savi en Germplasm Resources Information Network GRIN (en inglés)