Saltar ao contido

Ordinal (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ordinal é un numeral que sinala a posición que un elemento ten nunha serie ou sucesión. Teñen variación xenérica e poden estar compostos por unha soa palabra (primeiro, segundo, terceiro,...) ou por máis (vixésimo cuarto, trixésimo quinto, centésimo décimo primeiro,...).

primeiro
segundo
terceiro
cuarto
quinto
sexto
sétimo
oitavo
noveno
10º décimo
11º undécimo ou décimo primeiro[1]
12º duodécimo ou décimo segundo
13º décimo terceiro
14º décimo cuarto
15º décimo quinto
20º vixésimo
30º trixésimo
40º cuadraxésimo
50º quincuaxésimo
60º sesaxésimo
70º septuaxésimo
80º octoxésimo
90º nonaxésimo
100º centésimo

Nas unidades de tempo, a partir do undécimo, no canto do ordinal, acostuman empregarse os cuantificadores unitarios ou numerais cardinais: Século XX (Século vinte) ante Século V (Século quinto).

  1. NOMIG 16.2, p. 100

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]