Ovos revoltos
Aparencia
Os ovos revoltos son ovos batidos que se remexen mentres se cociña para desprendelos do fondo da tixola a medida que vai callando, e ao que se lle pode engadir outros ingredientes (revolto)[1].
A tixola quente, usualmente é untada con graxa (aceite ou manteiga) e reméxese cun utensilio de cociña de pau, até que estes comecen a callar.[2].
É un prato coñecido e preparado no mundo enteiro. Nos Estados Unidos, os ovos revoltos forman parte do típico almorzo, podendo acompañárense de bacon frixido.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ FoodMayhem.com, Vídeo Demostración de ovos revoltos ao vapor
- ↑ Livestrong.com. "Is Scrambled Eggs for Breakfast Healthy?". Consultado o 2012.10.17.