Paetongtarn Shinawatra
Paetongtarn Shinawatra, en tailandés: แพทองธาร ชินวัตร, nada o 21 de agosto de 1986 en Bangkok é unha política e empresaria tailandesa. Desde 2024 é a 31ª Primeira ministra de Tailandia e líder do partido Pheu Thai desde 2023.
Shinawatra é a persoa máis nova na historia de Tailandia en converterse en primeira ministra e a segunda muller en ocupar o cargo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e formación
[editar | editar a fonte]É a filla menor de Potjaman Na Pombejra e de Thaksin Shinawatra (primeiro ministro do 2001 ao 2006) e sobriña de Yingluck Shinawatra (primeira ministra do 2011 ao 2014).[2][3]
Graduouse en Ciencias Políticas, Socioloxía e Antropoloxía pola Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Chulalongkorn en 2008 e continuou os seus estudos en Surrey, Inglaterra.[4]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Tras a destitución do Primeiro ministro Srettha Thavisin polo Tribunal Constitucional de Tailandia o 14 de agosto de 2024, Paetongtarn foi nomeada polo Pheu Thai para substituílo.[5] O seu nomeamento foi aprobado polo parlamento o 16 de agosto.[6] Converténdose así na persoa máis nova e na segunda muller en ser Primeira ministra de Tailandia.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Shinawatra casou co empresario Pitaka Suksawat en 2019. Teñen dous fillos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paetongtarn Shinawatra becomes Thailand's youngest prime minister". web.archive.org. 2024-08-16. Archived from the original on 16 de agosto de 2024. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "New Shinawatra on a quest for people power - Thai Examiner". web.archive.org. 2023-06-03. Archived from the original on 03 de xuño de 2023. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "Bangkok Post - Young Shinawatra appointed Pheu Thai chief adviser for innovation". web.archive.org. 2024-08-16. Archived from the original on 16 de agosto de 2024. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "เปิดประวัติ อุ๊งอิ๊ง-แพทองธาร ทายาทชินวัตร หัวหน้าครอบครัวเพื่อไทย". web.archive.org. 2022-11-01. Archived from the original on 01 de novembro de 2022. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ "Thailand's Pheu Thai party picks Paetongtarn Shinawatra as PM candidate". France 24 (en inglés). Consultado o 2024-08-15.
- ↑ "Thai lawmakers elect Thaksin's daughter Paetongtarn Shinawatra as PM". France 24. agosto 16, 2024. Consultado o 16 agosto 2024.
- ↑ "Thailand picks Thaksin's daughter Paetongtarn as new PM". web.archive.org. 2024-08-16. Archived from the original on 16 de agosto de 2024. Consultado o 2024-08-25.
- ↑ https://www.pptvhd36.com (2023-05-01). "เลือกตั้ง 2566 : ครอบครัวชินวัตรได้ข่าวดี "อุ๊งอิ๊งค์" คลอดลูกชาย คนที่ 2". pptvhd36.com (en tailandés). Consultado o 2024-08-25.