Saltar ao contido

Panthera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Panthera

Tigre
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Subfamilia: Pantherinae
Xénero: Panthera
Oken, 1816
Especies

Véxase o texto

Panthera é un xénero de mamíferos da familia Felidae, ao que pertencen catro especies moi coñecidas: o tigre, o león, o leopardo e o xaguar. O xénero comprende aproximadamente a metade dos grandes felinos. Soamente estas catro especies teñen as estruturas anatómicas que lles permiten ruxir, debido a unha modificación da forma do seu óso hioide.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Do latín panthera co mesmo significado e este do grego πάν, pan (todo), e θηρ, thēr (besta).[1] A palabra grega pánthēr orixinalmente referíase a todos os membros da familia Felidae.[2] En sánscrito a palabra significaría «animal amarelento».[3]

Foron propostas moitas subespecies para Panthera, moitas das cales para o león e o leopardo son, como mínimo, cuestionables. Propúxose que todas as poboacións de leopardos subsaharianos pertencerían á mesma especie de leopardo, o mesmo caso se daría cos leóns, pero non se recolectou material xenético dabondo para aseverar esta hipótese. Algunhas especies de leóns prehistóricos ben poderían ser especies separadas.

O xénero comprende cinco especies viventes[4] e numerosas extintas, coñecidas polos seus fósiles:

Especie Ilustración Estado de conservación Distribución Comentarios
León americano
Panthera atrox
(Leidy, 1853)
En América do Norte, dende o sur de Alasca ata o norte de México. Extinto dende o 8000 a. C. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león, porén estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente.
Panthera balamoides
Stinnesbeck et al., 2019
Península do Iucatán (México). Extinto hai 13400 anos. Suxeriuse que son restos mal identificados de Arctotherium, o que o faría unha especie inválida.
Panthera blytheae
Tseng et al., 2013
Cordilleira do Himalaia. Extinto hai 6 millóns de anos. Os estudos indican que estaba relacionado co leopardo das neves e o tigre.
Panthera crassidens
Broom, 1948
Sur de África. Viviu durante o Plistoceno inferior. Suxeriuse que o material base inclúe tamén restos doutro felino, converténdose en inválido.
Xaguar europeo
Panthera gombaszoegensis
Kretzoi, 1938
En Europa, con presenza en Inglaterra, Alemaña, España, Francia e os Países Baixos. Extinto dende hai 1,5 millóns de anos. É a especie coñecida de Panthera máis antiga de Europa.
León
Panthera leo
Linnaeus, 1758

Especie vulnerable
Viven en poboacións cada vez máis dispersas e fragmentadas da África subsahariana (a excepción das rexións selváticas da costa do Atlántico e a conca do Congo) e unha pequena zona do noroeste da India (unha poboación en perigo crítico no parque nacional do Bosque de Gir e arredores). Historicamente, viviu tamén en Asia do Sur, Asia Occidental, África do Norte e a península balcánica. Tradicionalmente recoñecíanse 12 subespecies de león. Actualmente considéranse como válidas oito subespecies, dúas das cales están extintas dende tempos recentes:

Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.

Panthera palaeosinensis
(Zdansky, 1924)
Norte da China e illa de Xava. Extinto hai 2 ou 3 millóns de anos. Estudos realizados suxiren que está estreitamente relacionado co antepasado común dos membros actuais do xénero Panthera.
Leopardo
Panthera pardus
Linnaeus, 1758

Especie vulnerable
Historicamente encontrábase en África, o Cáucaso e Asia, aínda que actualmente se encontra extinto no norte de África e en declive na península arábiga e en Asia occidental e central. Actualmente recóñecense oito subespecies como válidas:
Panthera shawi
(Broom, 1948)
Sur de África. Viviu durante o Plioceno superior. É un dos membros do xénero Panthera máis antigos que se coñecen.
Xaguar
Panthera onca
(Linnaeus, 1758)

Especie case ameazada
A súa distribución actual esténdese dende o extremo sur dos Estados Unidos continuando por gran parte de México, América Central e América do Sur ata o norte e noroeste da Arxentina. Recoñécense nove subespecies, unha das cales está extinta dende tempos recentes. A validez das subespecies é discutida:

Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.

Panthera schreuderi
Von Koenigswald, 1960
Europa Extinto dende o Plistoceno temperán. Suxeriuse que é un sinónimo do xaguar europeo (P. gombaszoegensis)
León das cavernas
Panthera spelaea
Goldfuss, 1810
Dende a Península Ibérica e as illas británicas en Europa ata Alasca en América do Norte. Extinto hai 10000 anos. Tradicionalmente era considerado como unha subespecie do león pero estudos recentes indican que se trata dunha especie diferente. Posiblemente deu orixe ao león americano (P. atrox).

Recoñécense dúas subespecies: a europea (P. s. spalea) e a de Berinxia (P. s. vereshchagini).

Tigre
Panthera tigris
Linnaeus, 1758

Especie en perigo de extinción
Viven en áreas fragmentarias de Asia. Historicamente habitou en Rusia, Irán, Afganistán, India, China e o sueste Asiático, incluíndo as illas indonesas. Recoñécense nove subespecies, tres das cales están extintas dende tempos recentes:

Existen ademais subespecies fósiles e prehistóricas.

León toscano
Panthera toscana
Schaub, 1949
Península itálica. Extinto dende o Plioceno temperán. É considerado unha forma primitiva de P. gombaszoegensis.
Leopardo das neves
Panthera uncia
(Schreber, 1775)

Especie vulnerable
Habita nas montañas de Asia Central, a altitudes de 2000 e os 4000 msnm, aínda que no Himalaia foi encontrado ata a 6000 msnm. Recoñécense tres subespecies como válidas: de Pamir (P. u. uncia), do Himalaya (P. u. uncioides) e de Mongolia (P. u. irbis).

Porén existe controversia da validez das mesmas.

Panthera youngi
Pei, 1934
Nordeste da China e o Xapón. Extinto hai 350 000 anos. Posiblemente sexa sinónimo do león cavernario (P. spalea) ou do león antigo (Panthera leo fossilis).
Panthera zdanskyi
Mazák, Christiansen & Kitchener, 2011
Ganzu (nordeste da China). Viviu entre 2,55 a 2,16 millóns de anos e, posiblemente, estaba relacionado co tigre moderno (Panthera tigris).
  1. "θηρ" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  2. "πάνθηρ" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  3. "Panther". Online Etymology Dictionary. Douglas Harper. Consultado o 12 de novembro de 2007. 
  4. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.