Pappus de Alexandría
Nome orixinal | (el) Πάππος ὁ Ἀλεξανδρεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Πάππος c. 290 Alexandría (Imperio Romano) |
Morte | c. 350 (59/60 anos) |
Actividade | |
Ocupación | matemático, astrónomo |
Período de actividade | século III - século IV |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia de Otto Biblioteca dixital BEIC |
Pappus de Alexandría[1][2] (en grego Πάππος ὁ Ἀλεξανδρεύς, transl. Páppos hò Alexandreýs) nado en Alexandría, Exipto, foi un exipcio helenizado e un dos máis importantes matemáticos helenísticos da antigüidade. Foi un importante xeómetra, pescudador e autor de moitos textos sobre científicos da antiga civilización grega, entre eles a súa principal obra, Synagoge (320 d. C.) ou Colección Matemática, un tratado en grego composto por oito libros dos cales o primeiro e parte do segundo se extraviaron, onde se encontran relatos, novas probas e temas suplementarios para varias proposicións de Arquímedes, Euclides, Apolonio e Tolomeo, entre outros, sobre superficies de revolución, planos, sólidos e lineares.
Descubriu varios teoremas precursores da xeometría proxectiva, pescudou o chamado problema de Dido ou isoperimétrico e demostrou que, de entre as formas que as abellas poderían empregar para facer seus favos, a adoptada é a que máis economiza cera.
As súas conclusións foron o punto de partida para a invención da xeometría analítica por Descartes, trece séculos despois. Xunto con Diofanto, foron os dous principais matemáticos da chamada Idade de Prata da Universidade de Alexandría (250-350). Tamén escribiu sobre música e hidrostática e morreu nalgún lugar de Grecia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Crease 2012, p. 23)
- ↑ (Cherman 2010, p. 49)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cherman, Alexandre; Rainho Mendoça, Bruno (2010). Por que as coisas caem? (en portugués). Zahar. ISBN 978-85-3780-177-2.
- Crease, Robert P. (2012). As grandes equações: A história das fórmulas matemáticas mais importantes e os cientistas que as criaram (en portugués). Zahar.