Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño , no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.
Cartel de Camilo Díaz Baliño a prol do estatuto.
Opción
Votos
%
A prol
993 351
99,24
En contra
6 161
0,76
Inválidos/Votos en branco
1 451
–
Total
1 000 963
100
Votantes rexistrados/Participación
1 343 135
74,56%
Fonte: Direct Democracy
Luís Manteiga nun mitin pro-estatuto o 27/6/1936 en Lugo .[ 1]
Resultados detallados por provincias
Cabeceira de La Voz de Galicia o 28 de xuño.
Ánxel Casal convida os outros alcaldes a acudir ó Congreso o 15 de xullo.
Provincia da Coruña
Censo de electores
455 786
Votos válidos
372 621
Afirmativos
370 733
Negativos
1 655
En branco
223
Fonte: (Barreiro Fernández , 2007 )
Provincia de Lugo
Censo de electores
284 888
Votos válidos
202 887
Afirmativos
200 533
Negativos
1 886
En branco
575
Fonte: (Barreiro Fernández , 2007 )
Provincia de Ourense
Censo de electores
265 773
Votos válidos
181 366
Afirmativos
179 363
Negativos
1 661
En branco
342
Fonte: (Barreiro Fernández , 2007 )
Provincia de Pontevedra
Censo de electores
336 779
Votos válidos
243 935
Afirmativos
242 791
Negativos
959
En branco
311
Fonte: (Barreiro Fernández , 2007 )
O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio , o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Bibiano Fernández Osorio-Tafall e Enrique Rajoy Leloup (representando ó Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago , Vigo , Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao , Elpidio Villaverde , Fernández de la Vega , Ramón Beade , Alfredo Somoza , Celestino Poza , Guiance Pampín etc.).
En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Golpe de Estado .
Campaña e votacións polo estatuto na prensa da época