Saltar ao contido

Sándor Márai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSándor Márai

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Márai Sándor Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Grosschmid Sándor Károly Henrik Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 1900 Editar o valor en Wikidata
Košice, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, disparo na cabeza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig
Universidade Eötvös Loránd Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, novelista, guionista, tradutor, poeta, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNyugat Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoHome Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIlona Matzner (1923–) Editar o valor en Wikidata
PaiGéza Grosschmid Editar o valor en Wikidata
IrmánsGéza von Radványi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0617252 Allocine: 79955
BNE: XX1318631 Discogs: 638505 Find a Grave: 11875222 Editar o valor en Wikidata

Sándor Károly Henrik Grosschmid de Mára, nado en Kassa (Reino de Hungría, actualmente Eslovaquia) o 11 de abril de 1900 e finado en San Diego o 21 de febreiro de 1989, foi un escritor e xornalista húngaro. Coñecido como Sándor Márai (|ˈʃaːndor ˈmaːrɒi|) e antigamente en inglés como Alexander Márai.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Márai naceu en 1900. Polo seu pai, era parente da familia nobre húngara Országh. En 1919 apoiou de xeito entusiasta a República Soviética Húngara e traballou como xornalista. Uniuse aos comunistas converténdose nun dos fundadores do Grupo Activista e Antinacional de Escritores Comunistas. Trala caída da República Soviética, á súa familia pareceulle máis seguro que abandonase o país e continuou os estudos en Leipzig. Márai viviu en Frankfurt, Berlín e París e brevemente considerou escribir en alemán, mais finalmente escolleu a súa lingua nai, o húngaro, para a súa obra. En Egy polgár vallomásai, Márai identifica a lingua materna co propio concepto de nación.[2] Estableceuse en Krisztinaváros, Budapest, en 1928. Na década de 1930 logrou recoñecemento cun estilo realista preciso e claro. Foi quen primeiro escribiu críticas da obra de Franz Kafka.

Escribiu con entusiasmo sobre a primeira e a segunda arbitraxes de Viena, en que como resultado da arbitraxe xermano-italiana, Checoslovaquia e Romanía tivero que devolver parte dos territorios que Hungría perdera no tratado de Trianon. Non obstante, Márai foi moi crítico cos nazis.

Márai escribiu 46 libros. A súa obra de 1942 A gyertyák csonkig égnek ("As candeas arden ata o toco") expresa a nostalxia pola antiga sociedade multiétnica e multicultural do Imperio Austro-Húngaro, reminiscencia das obras de Joseph Roth. En 2006 estreouse en Londres unha adaptación da novela ao escenario escrita por Christopher Hampton.[3]

Tamén lle desagradou o réxime comunista que tomou o poder despois da segunda guerra mundial e marchou (ou foi expulsado) en 1948. Tras vivir un tempo en Italia, Márai estableceuse na cidade de San Diego, nos Estados Unidos. Márai uniuse a Radio Free Europe entre 1951 e 1968.[4] Márai ficou decepcionado de que as potencias occidentais non axudasen a Revolución Húngara de 1956.[5]

Continuou a escribir en húngaro, e non foi publicado en inglés ata mediados da década de 1990. Como outras memorias de escritores e políticos húngaros foi publicado primeiro en occidente, xa que non era posible na era Kádár despois de 1956. Despois da morte da súa esposa en 1986, Márai retirouse aínda máis no illamento. En 1987, vivía cun cancro avanzado e a súa depresión empeorou cando perdeu o seu fillo adoptado, John. Acabou coa súa vida[6] dun disparo na cabeza en San Diego en 1989. Sobrevivíronlle tres netas, Lisa, Sarah e Jennifer Márai.

Esquecido largo tempo fóra de Hungría, a súa obra, formada por poemas, novelas e diarios, foi máis tarde "redescuberta" e republicada en múltiples linguas e está considerada parte do canon literario europeo do século XX.

  1. Leslie Konnyu: Modern Magyar literature: a literary survey and anthology of the xxth century Hungarian authors -PAGE: 95, Publisher: American Hungarian Review, 1964
  2. Márai, Sándor. "Egy polgár vallomásai." Akadémiai Kiadó, Budapest, 1935.
  3. Billington, Michael (2 de marzo de 2006). "Embers" (en inglés). Guardian Unlimited. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  4. "Search | Petőfi Literary Museum". pim.hu. 
  5. "The Life of Sándor Márai". 12 de maio de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  6. "Sándor Márai". Random House. Consultado o 17 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]