Salvador, Baía
Salvador (pt) | |||||||||||||||||||||||
Himno | Hino de Salvador (pt) | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Sic illa ad arcam reversa est» | ||||||||||||||||||||||
Epónimo | Xesús de Nazaret | ||||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Estado | Brasil | ||||||||||||||||||||||
Unidades da federación | Baía | ||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 2.675.656 (2010) (3.860,98 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||
Xentilicio | sen valor | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Parte de | Mercocidades Rexión Metropolitana de Salvador (1973–) Região Geográfica Imediata de Salvador (pt) (2017–) | ||||||||||||||||||||||
Superficie | 693 km² | ||||||||||||||||||||||
Bañado por | Océano Atlántico, Baía de Todos-os-Santos (pt) , Enseada dos Tainheiros (pt) , Enseada do Cabrito (pt) e Baía de Aratu (pt) | ||||||||||||||||||||||
Altitude | 8 m | ||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Lauro de Freitas (pt) Madre de Deus Salinas da Margarida (pt) São Francisco do Conde (pt) Itaparica Saubara (pt) Candeias (pt) Simões Filho (pt) Vera Cruz (pt) | ||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||||
Creación | 1549: (Fundação de Salvador (pt) ) | ||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Santo padrón | Francisco Xabier | ||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
Órgano executivo | Prefeitura Municipal de Salvador (pt) | ||||||||||||||||||||||
• Alcalde | Bruno Reis (pt) (2021–) | ||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Salvador (pt) , (Escano: 43) | ||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Código postal | 40000-000 | ||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 71 | ||||||||||||||||||||||
Código de concello do Brasil | 2927408 | ||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||||||
Sitio web | salvador.ba.gov.br |
Salvador é a capital do estado de Baía e a terceira cidade do Brasil en poboación. Tiña 2.443.107 habitantes segundo o censo demográfico 2000. Foi fundada en 1549 co nome de Cidade de São Salvador da Bahia de Todos os Santos. Foi a primeira capital do Brasil, de 1549 ata o 1763.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia urbana de Salvador deu inicio coa chegada de europeos ao territorio dos tupinambas en dita baía. En concreto foi un naufraxio en 1510 o que trouxo os primeiros colonos ó lugar, sinaladamente o portugués Diogo Álvares Correia, que os indios chamaron Caramurú e que se integrou entre eles. En 1535 coa súa muller, a india Catarina Paraguaçu convertida ao catolicismo, erixiron a Capela de Nossa Senhora de Graça preto de onde vivían e no ano seguinte arribou o primeiro donatario pola coroa portuguesa da Capitanía da Bahia, Francisco Pereira quen, coa súa axuda ante os indíxenas, fundou un primeiro asentamento naquel sitio, a Vila de Pereira [1] na boca da baía (barrio de Barra, uns dous quilómetros ao sur da fundación posterior), a carón do Alto de San Antonio con porto na pequena enseada costeira, erguendo o chamado Castelo de Pereira. En 1545 os tupinambas arrasaron o poboado.
Fundación como capital da colonia
[editar | editar a fonte]Catro anos despois, en 1549, chegou Tomé de Sousa como gobernador xeral da colonia do Brasil co mandato de fundar alí (pola posición central da Capitanía da Bahia) unha vila para sede do goberno. Elixiu a defendible posición dos altos ou cantís (75 m [2]) sobor da costa máis ao interior da baía. Un recinto triangular reticulado e fortificado de tres portas e baixada ó mar (con peirao no ancoradoiro) que foi nomeada São Salvador[3][4] (pasando a chamarse Vila Velha o antigo asentamento) contiña unha praza principal coa casa do goberno (hoxe a Praza do Municipio) e outra pequena cunha igrexa parroquial (Ajuda) erixida polos xesuítas. Axiña estes quixeron construíren un colexio e un templo maior (despois a Sé, 1581) e así a cidade ampliouse ó norte da praza principal [5], onde gañou un novo centro arredor da Praza da Sé. Ata finais do século XVI aínda seguiu a súa expansión setentrional, co Terreiro de Xesús entre un novo e máis grande colexio xesuíta (1558) e San Francisco [6], cara ó convento do Carmo fora do novo cinto de murallas. Na franxa costeira, servindo ao porto, foi conformándose a Cidade Baixa a carón da igrexa da Concepción da Praia [7].
Séculos XVII e XVIII: Esplendor
[editar | editar a fonte]Despois dos ataques e breve ocupación holandesa (que represaron o río das Tripas no leste) no primeiro terzo do século XVII, Salvador prosperou coma centro administrativo e unha florecente economía baseada na exportación de cana de azucre e o comercio de escravos.
Limitada orograficamente na dirección oeste-leste polos cantís do mar e o barranco do río das Tripas respectivamente, a consolidación urbana era obrigada na dirección norte-sur: ao norte, entre o Terreiro de Xesús e o convento do Carmo configurouse o que deviría en chamarse o Pelourinho (cuxo centro, o Largo do Pelourinho, ocupou a Porta do Carmo demolida en 1780) continuando máis aló ata Santo António além do Carmo; ao sur creceu o barrio de São Bento arredor do mosteiro homónimo e máis aló, na porta homónima (tamén demolida a fins do XVIII) configurouse a Praza da Piedade que abría os futuros crecementos burgueses do sur (barrio da Vitória).
O século XVIII foi o do esplendor tardobarroco da capital do entón vicerreinado, cando se erixiron numerosos templos e residencias palacianas nese estilo. Despois de 1763 a capitalidade colonial mudou para Río de Xaneiro e trala independencia do Brasil en 1823 a cidade declinou lentamente en beneficio do industrializado sur do país.
Séculos XIX e XX: Decadencia
[editar | editar a fonte]En 1873 foi inaugurado o Elevador Lacerda, importante novidade na difícil comunicación entre as cidades Alta e Baixa e futura icona da vila [8]. Precisamente na Cidade Baixa os sucesivos recheos, que comezaran no século XVIII, tiveron o seu pulo máis importante entre 1860 e 1915 gañando superficie para as ampliacións portuarias e unha nova área urbana, Comercio [9][10].
Foi unha época na que, co gallo da modernización, se crearon novas infraestruturas (Avenida J.J. Seabra, 1912-16, que abría o crecemento ao leste no canto do río das Tripas xa soterrado a finais do XIX) pero tamén se destruíu gran parte do legado da cidade histórica, sinaladamente a Sé (1933), para deixar paso aos tranvías; substituída pola igrexa xesuíta do Terreiro de Xesús como nova Basílica Catedral [11]). As clases acomodadas foron deixando a Cidade Alta cara ó sur (bordo litoral) mentres que aquela se deterioraba caendo na marxinación. A península de Itapagipe ao noroeste foi ocupada por unha incipiente industria e clases populares [12].
En 1939 descubriuse petróleo no norte do termo municipal. Foi o comezo da verdadeira industrialización da vila (1953, asentamento de Petrobras e despois outras industrias do refino) e con ela a chegada de continxentes de inmigración do rural que en poucas décadas fixeron da decadente vila colonial unha pequena metrópole [13][14].
Clima
[editar | editar a fonte]Salvador ten un clima tropical cálido, con choivas no inverno e no verán. As temperaturas mínimas no inverno poden descender ao redor de 20 °C, e as máximas no verán roldan os 36 °C. A brisa, proveniente do océano Atlántico, mantén unha temperatura agradable ata nos días máis quentes de verán. A zona da cidade contigua á costa atlántica recibe fortes ventos que chegan dende o mar.
Economía
[editar | editar a fonte]A cidade ten un desenvolvido comercio e servizos, un importante porto e unha zona industrial (Complexo Petroquímico de Camaçari) na súa rexión metropolitana.
Turismo
[editar | editar a fonte]Salvador ten como atraccións turísticas os seus edificios e monumentos históricos, como os da rexión do Pelourinho, e as súas praias.
Praias
[editar | editar a fonte]Salvador ten numerosas praias ao longo da costa atlántica e da Baía de Todos os Santos. As principais praias urbanas son Itapuã, Praia dos Artistas, e Porto da Barra. As praias da cidade atraen tanto aos habitantes locais como a turistas, principalmente debido á agradable temperatura da auga. Algunhas praias contan con restaurantes típicos situados sobre a area onde se preparan mariscos e diversas bebidas. Ademais, nas praias pódense atopar postos de "bahianas", onde se pode comer o acarajé, comida típica afro-brasileira a base de feixón e camarón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mapa da localización da Vila do Pereira (Vila Velha despois de 1549) na Baía de Todo-los Santos [1]
- ↑ Recreación fotográfica da xeografía do lugar antes da fundación da vila [2]
- ↑ Planta de Sao Salvador da Bahia de Todos os Santos no tempo da súa fundación segundo proxecto do mestre de obra Luiz Días en 1549 [3]
- ↑ Idem; "Geografia de Salvador" A.Bittencourt e P.Baqueiro, pdf (1,6Mb) páx. 31 [4] Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Planta esquemática da primeira ampliación ó norte de Salvador (a futura Praza da Sé aínda baleira) [5]
- ↑ Planta esquemática da ampliación da retícula fundacional no barrio da Sé e o Terreiro de Xesús [6][Ligazón morta]
- ↑ Maqueta da vila do Salvador no século XVII coa Cidade Baixa e Alta ben diferenciadas [7]
- ↑ Vista do Elevador Lacerda dende a Cidade Baixa (Igrexa da Concepción da Praia); arriba a Praza do Municipio [8]
- ↑ Documentación sobor dos aterros do Comercio; as fotos inferiores son dos desenvolvementos do XIX [9]
- ↑ Vista satelital do Comercio nos recheos do século XX na Cidade Baixa [10]
- ↑ Vista do cantil da vila no final do XIX: ábsida da Sé (fl. vermella, derrubada en 1933); o da igrexa xesuíta, Catedral despois de 1933 (fl. marela); na Cidade Baixa os edificios pombalianos dos primeiros aterros do XIX [11]
- ↑ Mapa de Salvador no s.XIX: distínguese con claridade a cidade reticulada colonial e os dous conventos que marcan a apertura norte (Carmo) e sur (S. Bento); na Cidade Baixa os primeiros rcheos permitiran un avance da liña costeira cun apertado rueiro (estilo pombalino); a península de Itapagipe á esquerda [12]
- ↑ Esquema coa evolución no tempo da mancha urbana de Salvador; "Geografia de Salvador" A.Bittencourt e P.Baqueiro, pdf (1,6Mb) páx. 139, 90 e 92 [13] Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Vista xeral da metrópole bahiana
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador, Baía |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prefeitura Municipal de Salvador Arquivado 05 de xuño de 2014 en Wayback Machine. consellería da cidade (en portugués)