Sukhoi Su-25
Aparencia
Sukhoi Su-25 | |
---|---|
Su-25 nunha exhibición aérea | |
Tipo | Apoio aéreo próximo |
Fabricante | Sukhoi |
Deseñado por | Pavel Sukhoi |
Primeiro voo | 22 de febreiro de 1975 |
Introducido | 1981 |
Estado | Operacional |
Unidades construídas | 1.024 |
O Sukhoi Su-25 (designación OTAN: Frogfoot) é un avión de combate terrestre, de apoio aéreo próximo e contracarro deseñado pola Unión Soviética. Permanece en servizo en Rusia e a CEI, e foi exportado a varios países. O seu primeiro prototipo realizou o seu primeiro voo o 22 de febreiro de 1975 e despois das probas entrou en produción en 1978 en Tbilisi. As forzas aéreas e terrestres rusas alcumárono "Grach" ("Gralla").