Saltar ao contido

Tempada 2007-08 do HC Liceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2007-2008 foi a 29ª tempada consecutiva do H.C. Liceo na OK Liga (máxima categoría do hóckey a patíns español) dende a súa fundación en 1972. Esta tempada foi a cuarta consecutiva do equipo galego sen acadar ningún título.

Adestrador: Portugal José Querido
Adestrador adxunto: Galicia Juan Copa
Preparador físico: Óscar Viana González

Clasificacións

[editar | editar a fonte]
  • Terceiro posto da OK Liga por detrás do líder, o FC Barcelona, e do segundo clasificado, o Reus Deportiu.
  • Nos cuartos de final da Copa do Rei, celebrada en Igualada (Cataluña), elimina o FC Barcelona gañando por 2-3 nos cuartos de final, mais perde en semifinais contra o Noia Freixenet por 3-1, os tres goles do Noia tras xogadas polémicas, nun partido do que non gardan boas lembranzas os afeccionados liceistas, finalmente o equipo do Noia se proclamaría campión da Copa.
  • Na Copa de Europa acada a clasificación para a última Final-Four (final a catro) que se ía disputar nesta competición debido ao cambio de modelo da competición, caendo fronte ao Reus Deportiu no Palau Blaugrana de Barcelona cun gol de ouro de Xavier Caldú na prorroga, despois de ir por diante todo o partido ata que, faltando 40 segundos para o final o Reus empatou o partido cun gol de Toni Sánchez e forzou dita prorroga.
  • Nos Play-off polo título da OK Liga cae en semifinais fronte ao Reus Deportiu por 3 vitorias a 0, logo de derrotar na primeira rolda dos mesmos ao Blanes HC por 3 vitorias a 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]