Saltar ao contido

Pazo dos Deportes de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo dos Deportes de Riazor
Vista xeral
Datos
Coordenadas43°22′09″N 8°24′57″O / 43.3692, -8.41583
LocalizaciónA Coruña, Galiza
Construción
Inauguración1 de agosto de 1970
ArquitectoSantiago Rey Pedreira
Estadio
Capacidade4.425 espectadores
PropietarioA Coruña
LocalíaHC Liceo (hóckey a patíns)
CB Coruña (baloncesto)
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Pazo dos Deportes de Riazor é un pavillón polideportivo situado na cidade da Coruña (Galiza), situado á beira do paseo marítimo da capital coruñesa, na Rúa de Manuel Murguía, xusto ao carón do Estadio Municipal de Riazor. O edificio, obra de Santiago Rey Pedreira, foi inaugurado o 1 de agosto de 1970 e ten capacidade para 5.000 espectadores. Está catalogado como elemento patrimonial.[1]

Foi inaugurado o 1 de agosto de 1970, nun partido que enfrontou á Selección española de hóckey a patíns fronte a un combinado de xogadores do resto do mundo no que resultou vencedor o combinado español por 4-2[2]. Contou coa presenza do Xefe do Estado Español, Francisco Franco, e a súa esposa; o ministro do Exército, tenente coronel Castañón de Mena; o delegado nacional de Educación Física e Deportes, Juan Antonio Samaranch; o alcalde da Coruña, José Pérez-Ardá; máis outras autoridades locais e galegas.[3]

Desde a súa estrea o Pazo ten albergado en dúas ocasións o Mundial de hóckey a patíns: en 1972, cando gañou a selección de España, e en 1988, cando Italia gañou o seu terceiro título, revalidándoo. Tamén se disputaron nel outras grandes competicións deportivas.

O 25 e 26 de setembro de 1982 tivo lugar no Pazo dos Deportes de Riazor a fundación do BNG.[4]

Ademais de ser a sede habitual do HC Liceo, outros equipos como o Básquet Coruña xogan tamén os seus encontros como locais neste recinto. É ademais empregado como escenario para outras competicións deportivas, como boxeo (disputándose a final do campionato de Europa no 2011) ou esgrima.

Características e instalacións

[editar | editar a fonte]
Encontro de hóckey a patíns entre o Liceo da Coruña e o FC Barcelona.

A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, sobre unha superficie de 5.840 , baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[5].

A pista polideportiva central do Pazo dos Deportes de Riazor é de parqué, e está preparada para disputar encontros de diversas disciplinas deportivas como hóckey a patíns, baloncesto, balonmán etc. Conta ademais cunha pista sintética de catro rúas para a práctica do atletismo, así como tres ximnasios, sala de judo, sala de musculación e sala de esgrima, así como nove vestiarios[6] e sala de prensa.

O pavillón foi remodelado no 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros[7]. A súa capacidade é de 4.425 espectadores, aínda que durante a época dourada do HC Liceo rexistraba entradas que podían achegarse aos 10.000 espectadores, se ben na actualidade unicamente rexistra grandes entradas nos partidos importantes do Liceo.

  1. Elementos patrimoniais
  2. "El Mundial de 1972, en La Coruña", artigo no ABC, 2 de xaneiro de 1972, páx. 59 (en castelán).
  3. "Inauguración de gala para el Palacio de los Deportes". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-02. Consultado o 2017-08-04. 
  4. Beramendi, Justo: "Historia mínima de Galicia"
  5. "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña", artigo no ABC, 2 de agosto de 1970, páx. 66 (en castelán).
  6. Concello da Coruña (acceso o 16 de abril de 2012).
  7. "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor", artigo en La Opinión de A Coruña, 16 de marzo de 2011 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]