Saltar ao contido

The Sims

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Sims
Desenvolvedor(es)Maxis
Distribuidora(s)Electronic Arts
Deseñador(es)Will Wright
Xénerojogo eletrônico de simulação de vida
Na rede
https://www.ea.com/games/the-sims
Facebook: thesimsms Twitter: TheSims Instagram: thesims Tumblr: thesimsofficial Youtube: UCFXKLSrT-4-Mf5TRqv40rgw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Sims (en galego: "Os Sims") é unha franquía de videoxogos estadounidenses de xénero de simulación social, que foi iniciada no ano 2000.

O xogo comeza pola creación dun ou varios personaxes que forman unha unidade familiar. Para proceder co xogo precísase mercar unha casa ou predio para que a familia resida nela. Unha vez dentro da vivenda, podemos decorar co “modo compra” ou incluso reformala co “modo construción”; unha vez que a teñamos ao noso gusto, comezaremos a dirixir aos nosos personaxes creándolles unha vida.

Creado por Will Wright no ano 2000, distribuído por Electronic Arts (Mac) e desenvolto por Maxis, este título foi lanzado orixinalmente só para PC (con sistema operativo Windows) no ano 2000, pero na actualidade conta cun total de 67 xogos multiplataforma para Xbox One, PS4, Android, Nintendo 3DS, iPhone (iOS), Xbox 360, PS3, Wii, PSP, NDS, N-Gage, Game Boy Advance, GameCube, Xbox, PS2 e, por suposto, mantense en PC.[1]

Dende o seu lanzamento, o xogo base vendeu máis de 15 millóns de copias, a franquía completa vendeu cerca dos 100 millóns de unidades, polo tanto convertese no campión de vendas da historia.[2]

Dende 1981, Will Wright conseguiría resultados similares co popular xogo SimCity e todos os seus sucesores. O éxito dos seus videoxogos baséase na súa filosofía creativa de aplicar teorías científicas para o deseño de simuladores de vida, xa sexa dunha cidade, un planeta, un formigueiro ou, como en The Sims, unha comunidade veciñal. No 2002, The Sims logrou o marca mundial de vendas, un feito histórico no seu momento, vendeu máis de 6,3 millóns de copias e superou así o famoso videoxogo Myst 2. Despois de que o xogo orixinal de The Sims saíra ao mercado, apareceron The Sims 2, The Sims 3 e The Sims 4, con cadansúas expansións e recompilacións.

Expansións

[editar | editar a fonte]

The Sims conta cun total de catro recompilacións e sete expansións. Cada expansión aumenta sucesivamente o que os xogadores poden facer cos seus Sims, introduce máis criaturas e pódense crear mascotas, traballos, estacións, interacción, modos de xogo, obxectos e accesorios, ou mesmo pode acceder a cidades e mundos novos.

The Sims: Livin' Large Os Sims: máis vivos ca nunca agosto de 2000 Engadíronse máis obxectos, accións e habilidades dos Sims para interactuar cos veciños. Tamén novos traballos e temas de conversa.
The Sims: House Party Os Sims: Festa na casa marzo de 2001 Agora os Sims podían celebrar festas nos seus fogares, engadir novos obxectos temáticos á festa e engadirlles novas roupas. As novidades máis importantes eran unha discoteca, unha cabina de DJ, novos equipos de son, un touro mecánico etc.
The Sims: Hot Date Os Sims: Primeira Cita novembro de 2001 Por primeira vez, os Sims poden abandonar as súas casas, ir ao centro da cidade, ás discotecas ou aos restaurantes para gozar dunha cea romántica.
The Sims: Vacation Os Sims: de vacacións marzo de 2002 Os Sims teñen varios destinos para ir de vacacións, como praias, montañas onde hai neve e bosques para acampar.
The Sims: Unleashed Os Sims: Animais a montóns setembro de 2002 Permítelles aos Sims adoptar unha variedade de mascotas e expande o barrio, onde podes construír tendas, parques etc.
The Sims: Superstar Os Sims: Super estrela maio do ano 2003 Engade a Cidade Estudio, unha nova área onde os teus Sims poden traballar como cantantes, modelos ou actores, relaxarse ​​nos balnearios e coñecer xente famosa.
The Sims: Makin' Magic Os Sims: Facendo maxia outubro de 2003 Os Sims poden usar poderes e aprender maxia. Ademais, engádese un barrio máxico.

Recompilacións

[editar | editar a fonte]
The Sims: Deluxe Edition Os Sims: Deluxe Edition 2002 Inclúe The Sims, Máis vivo que nunca, novos obxectos (de Deluxe) e O creador de The Sims.
The Sims: Double Deluxe Os Sims: Megaluxe 2003 Inclúe The Sims, Máis vivos ca nunca, novos obxectos (de House Party e Megaluxe) e O creador de The Sims.
The Sims: Triple Deluxe Os Sims: Gigaluxe 2004 Inclúe The Sims, Máis vivos ca nunca, novos obxectos (de House Party, Holiday, Deluxe, Megaluxe e Gigaluxe) e O creador de The Sims.
The Sims: Complete Collection Os Sims: A colección completa 2006 Inclúe as sete expansións do xogo, recompiladas en DVD.

Xogos gratis

[editar | editar a fonte]