Saltar ao contido

Theodore Dru Alison Cockerell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTheodore Dru Alison Cockerell

T. D. A. Cockerell. Fotografía contra 1930
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1866
Norwood, Gran Londres
Morte26 de xaneiro de 1948
San Diego, California
Lugar de sepulturaColumbia Cemetery, Boulder, Colorado 
País de nacionalidadeinglesa,
nacionalizado estadounidense
EducaciónMiddlesex Hospital Medical School
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, botánico
EmpregadorNew Mexico Agricultural Experiment Station
New Mexico Highlands University
University of Colorado
University of Colorado Museum of Natural History
Participou en
1931Cockerell-Mackie-Ogilvie Expedition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaCockerell Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaCkll. Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnnie Fenn Cockerell
Wilmatte Porter Cockerell Editar o valor en Wikidata
IrmánsSidney Carlyle Cockerell Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 8705982 Editar o valor en Wikidata

Theodore Dru Alison Cockerell, nado o 22 de agosto de 1866 en Norwood, Gran Londres, e finado o 26 de xaneiro de 1948 en San Diego, California (Estados Unidos de América), foi un naturalista anglo-estadounidense, especializado en abellas,

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cockerell estudou na Facultade de Medicina do Hospital Middlesex e logo emigrou aos Estados Unidos de América, traballando no Museo Americano de Historia Natural, e estudou Botánica de campo en Colorado entre 1887 e 1890. Posteriormente, converteuse en taxónomo, publicando numerosos artigos sobre himenópteros, hemípteros, moluscos e plantas, así como traballos sobre paleontoloxía e evolución.

Desde 1891 a 1901 foi conservador do Museo Público de Kingston, (Xamaica). Foi profesor de Entomoloxía na "Estación Agrícola Experimental de Novo México". Desde 1900 a 1903, foi profesor axudante de Bioloxía na Universidade de Novo México, e desde 1903 a 1904, conservador no "Museo da Universidade de Colorado". En 1904 obtivo a cátedra de Entomoloxía desta Univerdidade, e desde 1906 foi profesor titular de Zooloxía sistemática na mesma Universidade.

Autor de máis de 2 200 artigos en publicacións científicas, realizou numerosas achegas no campo da entomoloxía, principalmente en abellas, coleópteros, paleontoloxía de insectos e outros artrópodos, moluscos e sobre a flora (algas e fungos).

Fixo numerosísimas exploracións, entre outros lugares, á India, Australia, o Perú, Siberia e Suráfrica.

Lista parcial de publicaciones

[editar | editar a fonte]
  • 1910. Some Bees of the Genus Augochlora from West Indies
  • 1910. The Scales of the Mormyrid Fishes
  • 1913. Observations on Fish Scales
  • 1913. Some Fossil Insects from Florissant (Colorado).[1]
  • 1920, Zoology; a textbook for colleges and universities (World book company, Yonkers-on-Hudson, N. Y.).[2]

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Cockerell emprégase para recoñecer a Theodore Dru Alison Cockerell como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • As abreviaturas Cockerell e Ckll. empréganse para recoñecer a Theodore Dru Alison Cockerell como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. Exemplar en liña Arquivo de Internet.
  2. Exemplar en liña Arquivo de Internet.
  3. Contr. U.S. Natl. Herb. xvi. 192. 1913 (IK).
  4. Mem. Torrey Bot. Club xviii. 230. 1932 (IK).
  5. Taxon 34 (2): 351. 1985 (IK).
  6. Bull. New York Bot. Gard. iii. 41. 1903 (IK).
  7. Bot. Gaz. 34: 24. 1902 (IK).
  8. Gruppenw. Artbild. 56 1913 (IK).
  9. Bot. Gaz. 42: 51. 1906 (IK).
  10. Phoradendron 38. 1916 (IK).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]