Traumatismo físico
Traumatismo físico | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
O xeonllo dunha persoa é examinado coa axuda dunha radiografía despois dun traumatismo. | |
ICD-10 | S00{{{2}}}-T88{{{2}}} |
ICD-9 | 800-999 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Un traumatismo é unha situación con dano físico ó corpo causado por unha forza externa.[1] O traumatismo pode deberse a accidentes, caídas, golpes, armas e outras causas.[1] En medicina, porén, identifícase polo xeral como paciente traumatizado a alguén que sufriu feridas serias que pon en risco a súa vida e que poden resultar en complicacións secundarias tales como shock, paro respiratorio e morte.[2]
En 2013, 4,8 millóns de persoas en todo o mundo morreron por mor dun traumatismos, en comparanza dos 4,3 millóns do ano 1990.[3] Máis do 30% desas mortes foron provocadas por lesións relacionadas con medios de transporte.[3] En 2013, 367 000 nenos menores de cinco anos morreron por traumatismos, supoñendo unha mellora respecto da cifra de 1990 que roldaba as 766 000 persoas.[3]
Traumatismo nos tecidos brandos
[editar | editar a fonte]Considérase unha ferida a perda de continuidade da pel ou das mucosas como consecuencia dun traumatismo, provocando a comunicación do interior do corpo co exterior.
As feridas pódense clasificar segundo o axente que as provoca en incisas, punzantes, contusas, con perda de substancia, por racho e especiais; e segundo o factor de gravidade pola profundidade, localización, extensión, sucias e/ou con corpos estraños no seu interior, con hemorraxia e as non tratadas.
Traumatismos dentais
[editar | editar a fonte]Son lesións que se producen nos dentes, óso e demais tecidos de sostén, como consecuencia dun impacto físico contra os mesmos; a conservación dos tecidos dentarios constitúe o obxectivo primordial neste caso. Unha seria ameaza a este obxectivo significa a frecuencia cada vez maior de nenos, adolescentes afectados que chega a constituír un problema estomatolóxico común que sempre debe ser considerado como unha situación de urxencia a diagnosticar e tratar de inmediato, de forma rápida e certeira polo odontólogo.[4]
Traumatismo nas extremidades
[editar | editar a fonte]Como consecuencia da aplicación dunha forza sobre o esqueleto, de forma directa ou indirecta, pódese producir unha lesión nos sistemas ósteo-articulares ou no muscular. Un traumatismo nas extremidades poucas veces orixina unha situación de risco vital pero, dependendo do seu primeiro tratamento, pode ocasionar discapacidades máis ou menos importantes. Para o diagnóstico hai que recorrer normalmente a radiografías, resonancia magnética nuclear, artroscopias e artrocentese.
Traumatismo no cranio e cara
[editar | editar a fonte]Os traumatismos no cranio e na cara son especialmente importantes, xa que a intensidade do golpe pode afectar o sistema nervioso central (SNC), localizado dentro da cavidade cranial. Así, despois dun traumatismo cranial, podémonos atopar ante unha ferida sinxela da cabeza ou a cara, unha fractura cranial, signos de afectación cerebral ou varias delas conxuntamente.
O risco máis importante é a afectación do sistema nervioso central, provocando unha destrución das neuronas cerebrais con secuelas permanentes ou que poden causar a morte do accidentado. Sempre que nos atopemos ante un traumatismo cranial debemos sospeitar a posibilidade dunha lesión na columna vertebral.
Traumatismo na columna vertebral
[editar | editar a fonte]A columna vertebral como conxunto de ósos non presenta un risco pola fractura dunha vértebra en si mesma, senón pola posible lesión que poida producirse na medula espiñal.
A lesión medular implica sempre unha lesión traumática na estrutura músculo esquelética, ósea e nos ligamentos.
Os traumatismos na rexión cervical (pescozo), con independencia das lesións óseas e medulares que poidan existir, poden ter afectadas estruturas brandas, situadas na parte anterior.
Traumatismo no tórax
[editar | editar a fonte]Traumatismos que producen lesións no tórax ou nalgún dos órganos que contén. Os traumatismos torácicos poden comprometer tanto a vía aérea directamente, como as funcións cardíaca e respiratoria, e, polo tanto, implican un risco vital para a vítima.
Segundo o mecanismo de produción, as lesións poden ser pechadas, nas que non existe alteración da pel nin da parede torácica, ou lesións abertas, nas que a cavidade pleural está perforada, e isto comporta o colapso do pulmón e a perda da súa capacidade coa consecuente dificultade respiratoria.
Traumatismo no abdome
[editar | editar a fonte]Calquera alteración que se provoca na cavidade abdominal a consecuencia dun impacto ou agresión externa.
Os traumatismos abdominais poden comprometer a diferentes órganos contidos dentro do abdome que forman parte do aparello dixestivo, a grosos vasos sanguíneos, ao sistema urinario e ó sistema endócrino.
Podemos atoparnos ante lesións pechadas, nas que non existe alteración da pel nin da parede abdominal, ou ante lesións abertas, nas que a parede abdominal foi penetrada por un obxecto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Wounds and Injuries: MedlinePlus". Nlm.nih.gov. Consultado o 20 de xullo de 2015.
- ↑ "Lesiones y Heridas Traumáticas | Irvine Injury Lawyers".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 GBD 2013 Mortality and Causes of Death, Collaborators (17 de decembro de 2014). "Global, regional, and national age-sex specific all-cause and cause-specific mortality for 240 causes of death, 1990-2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013". Lancet 385 (9963): 117–71. PMC 4340604. PMID 25530442. doi:10.1016/S0140-6736(14)61682-2.
- ↑ ""Comportamiento de los traumatismos dentarios "". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- International Trauma Conferences (organización benéfica sobre traumatismos rexistrados que achega información para profesionais médicos en todo o mundo) (en inglés)
- Trauma.org (fonte sobre traumatismo para profesionais médicos) (en inglés)}