Saltar ao contido

Universidade de Basilea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Basileia
Datos xerais
Datos actuais
ReitorAndrea Schenker-Wicki
Alumnos12.955
Datos de contacto
Twitter: unibasel Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Antiga Universidade de Basilea

A Universidade de Basilea (Universität Basel en alemán ) é unha institución pública de educación superior situada en Basilea, Suíza. Fundada o 4 de abril de 1460, é a universidade máis antiga de Suíza en funcionamento continuo. A universidade está tradicionalmente contada entre as principais institucións de educación superior do país.[1][2]

Entre os nomes asociados á institución están Erasmo de Rotterdam, Paracelso, Daniel Bernoulli, Jacob Burckhardt, Leonhard Euler, Friedrich Nietzsche, Eugen Huber, Carl Jung, Karl Barth e Hans Urs von Balthasar. A Universidade de Basilea destaca actualmente pola investigación en medicina tropical. Consérase un dos berces do humanismo europeo.[3]

A Universidade de Basilea foi fundada en colaboración co Consello de Basilea. A escritura fundacional foi entregada en forma de bula papal polo papa Pío II o 12 de novembro de 1459, e a cerimonia de inauguración oficial celebrouse o 4 de abril de 1460.[4] Orixinalmente, a Universidade de Basilea decretouse que tiña catro facultades: arte, medicina, teoloxía e xurisprudencia. A facultade de artes serviu até 1818 como base para as outras tres disciplinas académicas. No século XVIII, cando Basilea se tornou máis comercial, a universidade, un dos centros de aprendizaxe do Renacemento, case caeu na insignificancia. A matrícula, que superaba as mil en 1600, baixou a sesenta en 1785, con dezaoito mestres. Os propios profesores eran, na súa maioría, fillos da elite.

Despois de que os nazis tomaran o poder en 1933, moitos profesores alemáns de renome decidiron emigrar a Basilea e comezaron a traballar na Universidade. Tamén regresaron varios académicos suízos, entre outros, o profesor de Dereito Arthur Baumgarten (1933), os teólogos Karl Barth (1935) e Fritz Lieb (1937) e, após a segunda guerra mundial, o filósofo Karl Jaspers da Universidade de Heidelberg (1948),, así como o cirurxián Rudolf Nissen (1952).[5]

Facultades

[editar | editar a fonte]
Edificio principal da antiga Universidade de Basilea
Edificio principal da antiga Universidade de Basilea
  1. "Handbook of Swiss Universities". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2020. 
  2. "550 Jahre Universität Basel". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2016. Consultado o 2020-08-08. 
  3. "Die Uni Basel muss sparen". 
  4. "Basel Stadt [Schweiz] | Sehenswürdigkeiten, Veranstaltungen 2020". Consultado o 2020-08-08. 
  5. "Universität Basel" (en alemán). Consultado o 2020-08-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]