Saltar ao contido

Volcán Barú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVolcán Barú
(es) Barù Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoEstratovolcán
montaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica Central e América Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Chiriquí, Panamá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 8°48′29″N 82°32′35″O / 8.808, -82.543
CordilleiraSerra de Talamanca Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3.475 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.354 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico73,9 km Editar o valor en Wikidata
O Chiriquí localízase no oeste de Panamá

O Volcán Barú (ás veces denominado tamén Volcán Chiriquí) con 3.475 m. sobre o nivel do mar constitúe a maior elevación de Panamá, no sur da América Central. Trátase dun estratovolcán dormente na actualidade.

Situación

[editar | editar a fonte]

O Chiriquí érguese no istmo de Panamá, xusto na homónima provincia de Chiriquí, no occidente do país. Forma parte da Serra de Talamanca, que ven desde Costa Rica. Na súa base levántase un fértil planalto, que regan os ríos Chiriquí e Caldera. Ao occidente da montaña sitúanse as localidades de Volcán e Cerro Punta, entanto ao oriente aséntase a cidade de Bajo Boquete.

Desde o seu cume é posíbel ver, en días despexados, tanto o mar Caribe como o océano Pacífico. Dada a latitude no que se localiza, son moi raras as nevadas, pero si son frecuentes as xeadas na cima.

Contorno ambiental

[editar | editar a fonte]

O Barú forma parte do Parque Nacional Volcán Barú, de 14.326 ha, creado en 1977.

Erupcións

[editar | editar a fonte]

Aínda que na actualidade é un volcán dormente, estudos realizados mostran que ca. 500 ou 600 rexistrou unha potente erupción que sepultou poboados relativamente achegados. Cara 1550[1], ao parecer, volveu a ter actividade eruptiva, máis os especialistas non están totalmente de acordo neste caso.

Desde hai pouco tempo estanse a efectuar estudos con vistas á explotación das súas posibilidades de xeración e aproveitamento de enerxía xeotermal.

  1. David R. Sherrod, James W. Vallance, Arkin Tapia Espinoza e John P. McGeehin Volcán Barú: Eruptive History and Volcano-Hazards Assessment, USGS, 2008