Saltar ao contido

Wilhelm Eduard Weber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilhelm Eduard Weber

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1804 Editar o valor en Wikidata
Lutherstadt Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1891 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Gotinga Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir
Universidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohann Schweigger (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leipzig Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leipzig
Universidade de Gotinga
Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosGottlob Frege Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEduard Riecke (en) Traducir, Friedrich Kohlrausch (pt) Traducir, Ernst Abbe e Theodor Reye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Weber-12365 Find a Grave: 153248449 Editar o valor en Wikidata
Casa de Wilhelm Weber, 14-15 Schlossstrasse, Wittenberg
Memorial a Wilhelm Weber, oficina postal de Wittenberg

Wilhelm Eduard Weber, nado en Wittenberg o 24 de outubro de 1804 e finado en Gotinga o 23 de xuño de 1891 foi un físico alemán que, xunto con Carl Friedrich Gauss, inventou o primeiro telégrafo electromagnético.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Weber nace en Schlossstrasse en Wittenberg, onde o seu pai, Michael Weber, era profesor de teoloxía. O edificio fora previamente a casa de Abraham Vater.[1]

Wilhelm foi o segundo de tres irmáns, todos eles distinguidos con calidades para a ciencia. Trala disolución da universidade de Wittenberg, o seu pai foi transferido a Halle en 1815. Wilhelm recibira as súas primeiras clases do seu pai, mais entón foi enviado ao Asilo de Orfos e a Escola de Gramática de Halle. Despois entrou na universidade, dedicándose á filosofía natural. Destacou tanto nas súas clases e polo seu traballo orixinal que despois de recibir o grao de doutor e converterse en Privatdozent foi nomeado profesor extraordinario de filosofía natural en Halle.

En 1831, por recomendación de Carl Friedrich Gauss, foi contratado pola universidade de Gotinga como profesor de física con vinte e sete anos. As súas clases resultaban interesantes, instrutivas e suxestivas. Weber pensaba que para un completo entendemento da física e aplicala á vida diaria, as simples conferencias aínda que fosen ilustradas mediante experimentos, eran insuficientes, e impulsaba os seus estudantes a que experimentasen eles mesmos, libres de cargas, no laboratorio da facultade. Cando era un estudante na vintena el, co seu irmán, Ernst Heinrich Weber, profesor de anatomía de Leipzig, escribira un libro sobre a teoría de ondas e a fluidaez, que dera aos seus autores unha considerable reputación. A acústica era a súa ciencia favorita, e publicou numerosos artigos sobre ela en Poggendorffs Annalen, Jahrbücher für Chemie und Physik de Schweigger e o diario musical Carcilia. O "mecanismo de camiñar na humanidade" foi outro estudo, emprendido co seu irmán máis novo, Eduard Weber. Estas importantes investigacións publicáronse entre os anos 1825 e 1838. Gauss e Weber construíron o primeiro telégrafo electromagnético en 1833, que conectaba o observatorio co instituto de física de Gotinga.

En decembro de 1837, o goberno de Hannover despediu a Weber, un dos Sete de Gotinga, do seu posto na universidade por razóns políticas. Entón Weber dedicouse a viaxar durante un tempo, visitando Inglaterra entre outros países, e converténdose en profesor de física en Leipzig entre 1843 e 1849, cando foi readmitido en Gotinga. Un dos seus traballos máis importantes, coescrito con Carl Friedrich Gauss e Carl Wolfgang Benjamin Goldschmidt, foi Atlas des Erdmagnetismus: nach den Elementen der Theorie entworfen ("Atlas de Xeomagnetismo: Deseñado segundo os elementos da teoría"),[2][3] unha serie de mapas magnéticos, e foi principalmente polos seus esforzos que se instituíron os observatorios magnéticos. Estudou o magnetismo con Gauss, e en 1864 publicou as súas Medidas Proporcionais Electrodinámicas, que contiñan un sistema de medidas absolutas para as correntes eléctricas, que forman as bases das que continúan a empregarse.

Foi elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias en 1855.

En 1856, con Rudolf Kohlrausch (1809–1858), demostrou que a razón de elestroctática das unidades electromagnéticas producían un número que coincidía co valor entón coñecido da velocidade da luz. Este descubrimento levou á conxectura de Maxwell de que a luz é unha onda electromagnética. Tamén levou ao desenvolvemento de Weber da súa teoría electrodinámica. O primeiro uso da letra "c" para denotar a velocidade da luz foi en 1856 nun artigo de Kohlrausch e Weber.

Weber faleceu en Gotinga, onde está enterrado no mesmo cemiterio que Max Planck e Max Born.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

A unidade de fluxo magnético do Sistema Internacional, o wéber (símbolo: Wb) recibe este nome na súa honra.

  1. Wilhelm Weber House plaques, Wittenberg
  2. "Book Details Page: Atlas Des Erdmagnetismus: Nach Den Elementen Der Theorie Entworfen". World Ebook Fair. Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  3. "Atlas Des Erdmagnetismus: Nach Den Elementen Der Theorie Entworfen". Alibris. Consultado o 27 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]