Saltar ao contido

Xiganotosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cranio de Xiganotosauro.

O xiganotosauro (Giganotosaurus carolinii) foi un dinosauro de fins do Cretáceo, o carnívoro terrestre máis longo que coñecemos. Pesaba arredor de 9 toneladas, tiña 8 metros de alto e 15 de longo. Déuselle o nome en 1995 tralo descubrimento de varios restos fragmentarios en 1993 no arredores do Río Limay Neuquén (Arxentina) por Ruben Carolini.