Bieito I, papa
Aparencia
(Redirección desde «Bieito I»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 525 Roma (Imperio Bizantino) |
Morte | 1 de agosto de 579 (53/54 anos) Roma, Italia |
62º Papa | |
4 de xuño de 575 – 30 de xullo de 579 (Gregoriano) ← Xoán III – Paio II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict I. Enciclopedia de Otto |
Bieito I, nado en Roma e finado o 30 de xullo de 579, foi un relixioso italiano, Papa nº 62 da Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo dun cidadán romano chamado Bonifacio. A súa elección como pontífice tivo lugar o 2 de xuño de 575. O concilio demorouse 11 meses trala morte de Xoán III, debido á invasión longobarda que impedía calquera comunicación entre Roma e Constantinopla, co que a preceptiva confirmación imperial da elección papal non se puido levar a cabo nese lapso de tempo.
É recordado por crear o estado de Massa Veneris, no territorio de Minturnae, que lle concedeu ó abade Estevo de San Marcos. estendeu a influencia papal ata Rávena.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |