Saltar ao contido

Bieito XVI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bieito XVI»)
Modelo:BiografíaSúa Santidade Editar o valor en Wikidata
Bieito XVI, papa

(2011, Berlín) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Benedictus PP. XVI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Joseph Aloisius Ratzinger Editar o valor en Wikidata
16 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Birth house of Benedict XVI (República de Weimar) Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Mosteiro Mater Ecclesiae, Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas, Basílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Papa emérito
28 de febreiro de 2013 – 31 de decembro de 2022 (morte)
265º Papa
19 de abril de 2005 – 28 de febreiro de 2013 (renuncia de Bieito XVI)
← Xoán Paulo II, papaFrancisco →
Cardeal bispo de Ostia
30 de novembro de 2002 – 19 de abril de 2005
← Bernardin Gantin (pt) TraducirAngelo Sodano →
Diocese: Diocese de Óstia (pt) Traducir
Decano do Colexio dos Cardeais
27 de novembro de 2002 – 19 de abril de 2005
← Bernardin Gantin (pt) TraducirAngelo Sodano →
Cardinal-Bishop of Velletri-Segni (en) Traducir
5 de abril de 1993 – 19 de abril de 2005
Prefect of the Congregation for the Doctrine of the Faith (en) Traducir
25 de novembro de 1981 – 13 de maio de 2005
← Franjo Šeper (pt) TraducirWilliam Joseph Levada (pt) Traducir →
Cardeal
27 de xuño de 1977 –
Cardeal presbítero Santa Maria Consoladora em Tiburtino (título cardinalício) (pt) Traducir
27 de xuño de 1977 – 5 de abril de 1993
Nomeado por: Paulo VI, papa
Roman Catholic Archbishop of Munich and Freising (en) Traducir
24 de marzo de 1977 – 15 de febreiro de 1982
← Julius August Döpfner (pt) TraducirFriedrich Wetter (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMosteiro Mater Ecclesiae (2013–2022) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónDucal Georgianum (en) Traducir (1949–1951)
Universidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Tese académicaThe People and the House of God in St. Augustine's Doctrine of the Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1953 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseMichael Schmaus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía cristiá e Ministerio petrino Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bonn
Cidade do Vaticano
Tubinga
Roma
Múnic
Ratisbona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico latino (1977–), Sacerdote católico de rito romano (1951–2022), diácono transicional (pt) Traducir (1950–1951), Teólogo católico, Arcebispo, filósofo, pianista, profesor universitario, escritor relixioso, teólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Münster
Universidade de Múnic
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Ratisbona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enLiteratura, strolling (en) Traducir e música Editar o valor en Wikidata
AlumnosBruno Schmid (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJosef Stangl (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de setembro de 2011Pope's visit to Germany 2011 (en) Traducir
abril de 2005conclave de 2005
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHub Schnackers Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Ratzinger, Sr. Editar o valor en Wikidata  e Maria Peintner Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorg Ratzinger Editar o valor en Wikidata
ParentesGeorg Ratzinger, tío avó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de decembro de 2022Morte e funeral de Bento XVI (pt) Traducir
28 de febreiro de 2013renuncia de Bieito XVI
27 de xuño de 1977proclamación cardenalicia, per Paulo VI, papa
28 de maio de 1977Consagração episcopal no rito romano (pt) Traducir (Frauenkirche (pt) Traducir), per Josef Stangl (pt) Traducir
29 de xuño de 1951ordenación sacerdotal no rito latino (Catedral de Frisinga (pt) Traducir), per Michael von Faulhaber (pt) Traducir
29 de outubro de 1950ordenação diaconal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Cooperatores veritatis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webvatican.va… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1909127 BNE: XX915528 Dialnet: 3098714 Musicbrainz: 9d83aa0b-ce3c-4247-961b-66a9dbd02677 Discogs: 2499557 WikiTree: Ratzinger-1 Find a Grave: 247918631 Editar o valor en Wikidata

Bieito XVI[1][2][3] (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón até o seu falecemento. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun oficial de policía; ao se xubilar seu pai a familia instalouse na cidade de Traunstein. Ao cumprir os 14 anos entrou nas xuventudes hitlerianas, tal como a lei obrigaba. Durante a segunda guerra mundial, a partir de 1943 serviu, obrigatoriamente, no servizo auxiliar da Luftwaffe, en diversas baterías antiaéreas e, finalmente, no cuartel de infantaría de Traunstein onde desertou. En 1945 foi internado, brevemente, nun campo de prisioneiros de guerra en Bad Aibling, e unha vez liberado entrou no seminario. Como seminarista estudou no Gregorianum, un instituto teolóxico asociado á Universidade de Múnic.

En 1946 celebrou coa súa familia a III Constitución de Baviera, que se proclama estado libre, ata que os aliados impoñen o Bund -Federación-.

Ordenouse o 29 de xuño de 1951 polo cardeal Michael von Faulhaber. Impartiu clases sobre teoloxía fundamental na Universidade de Frisinga. Nesta universidade, en 1954, o profesor Michael Schmaus rexeitou, por moi avanzada, a súa tese sobre a teoloxía da historia en Boaventura de Bagnoregio. O 21 de febreiro de 1957 defendeu con éxito a súa tese de habilitación para a docencia. Entre 1959 e 1963 foi profesor na Universidade de Bonn, e pasou posteriormente á Universidade de Münster.

Participou no Concilio Vaticano II defendendo o reformismo como asesor do cardeal de Colonia Frings. Pouco antes, en 1959, publicou con Karl Rahner Episcopado e primado onde sostiña a necesidade dun exercicio do papado máis colexiado. Na terceira sesión do Concilio, participou xa como perito nomeado por Paulo VI.

En 1966 asumiu a cátedra de teoloxía na Universidade de Tübingen, onde foi colega de Hans Küng. En obras como Teoloxía da Historia en San Boaventura, Introdución ao cristianismo ou O Novo Pobo de Deus rompeu coa linguaxe tradicional da escolástica e defendeu rachar cun inmobilismo conservador contrario, segundo el, á verdadeira tradición. En 1968 asinou con outros teólogos a Declaración de Nimega, onde se reclamou maior pluralismo teolóxico. En 1969 regresou a Baviera, á Universidade de Regensburg.

En 1972 puxo en marcha a revista Conmunio xunto con prestixiosos teólogos ata había pouco postos en interdito pola xerarquía eclesiástica como Henri de Lubac e Hans Urs von Balthasar.

O 24 de marzo 1977 foi consagrado bispo de Múnic e Freising. O 27 de xuño foi designado cardeal por Paulo VI. En 1981 foi nomeado por Xoán Paulo II como prefecto da Congregación da Doutrina da Fe (antigo Santo Oficio). Áfronte desta, sancionou a Leonardo Boff. Durante ese mandato publicouse o Informe sobre a fe que contiña unha entrevista onde Ratzinger manifestaba a necesidade de controlar as innovacións postconciliares, o que lle valeu o aplauso dos sectores conservadores da igrexa.

Elección como Papa

[editar | editar a fonte]

Co gallo do vía crucis da Semana Santa de 2005, que presidiu, e ante os medios de comunicación de todo o mundo católico, Ratzinger denunciou expresamente o que cualificou como "soberbia" e a "autosuficiencia" do clero:

Que pouca fe hai en moitas teorías, cantas palabras baleiras! Canta sucidade na Igrexa e entre os que, polo seu sacerdocio, deberían estar completamente entregados a el!

Isto espertou a atención sobre a súa persoa de cara ao conclave a celebrar deseguido.

O 19 de abril de 2005 o cardeal Ratzinguer foi elixido papa no segundo día do conclave tras catro roldas de votacións. Coincidiu coa festividade do día de san León IX o máis importante papa alemán na Idade Media xa que no seu papado acometeu numerosas reformas. Antes da súa primeira aparición no balcón da praza de San Pedro despois de ser elixido papa, o cardeal chileno Jorge Arturo Medina Estévez anunciou a súa elección coa frase "queridos irmáns" en italiano, español, francés, alemán e inglés, e a forma tradicional "Habemus Papam" en latín; o mesmo cardeal Medina impúxolle o palio, mentres que Angelo Sodano lle colocou o anel do pescador. No balcón as primeiras palabras de Bieito XVI como papa foron:

Queridos irmáns, despois do gran papa Xoán Paulo II, os señores cardeais elixíronme a min, un simple e humilde traballador da viña do Señor. Consólame o feito de que o señor sabe traballar e actuar con instrumentos insuficientes e sobre todo encoméndome ás vosas oracións. Na alegría do Señor resucitado, confiando na Súa continua axuda, sigamos adiante, que o Señor nos axudará e a Súa santísima Nai estará do noso lado. Grazas.

Aspectos do pontificado

[editar | editar a fonte]

Simboloxía do escudo papal de Bieito XVI

[editar | editar a fonte]

O escudo papal de Bieito XVI conserva algúns elementos do escudo do cardeal Ratzinger e descarta a tripla tiara pontificia, substituíndoa por unha mitra. Foi o mesmo papa quen agregou o palio, a estola de la, que simboliza a autoridade episcopal. Bieito XVI mantivo a cuncha, que simboliza a peregrinación e o peregrino. Tamén está o mouro de Frisinga situado na esquina superior esquerda, que simboliza a universalidade da Igrexa. Ao seu lado, o oso de Corbitiano, simbolizando as cargas da Igrexa a través da lenda de Corbitiano, un bispo que predicou na antiga rexión de Baviera. O escudo complétase coas dúas chaves cruzadas que representan a San Pedro.[Cómpre referencia]

Encíclicas

[editar | editar a fonte]

Durante os anos do seu pontificado, Bieito XVI asinou tres encíclicas:[4]

  • Deus caritas est (25 de decembro de 2005), onde reflexiona sobre o amor como núcleo da mensaxe cristiá.
  • Spe salvi (30 de novembro de 2007) sobre a dimensión transcendente do ser humano.
  • Caritas in veritate (29 de xuño de 2009) sobre a doutrina social da Igrexa, onde se reafirma o compromiso desta coa xustiza e a visión crítica desta contra un capitalismo deshumanizador no contexto do nacemento da crise económica mundial.

Exhortacións apostólicas

[editar | editar a fonte]
  • Sacramentum Caritatis sobre a eucaristía como sacramento do amor, comuñón dos bens, compromiso pola xustiza e respecto pola creación.
  • Verbum Domini sobre a Biblia como Palabra de Deus na vida e a misión da Igrexa católica.
  • Africae munus sobre a inculturación do Evanxeo no continente africano, a obriga da Igrexa a prol dunha orde social xusta, da paz e a reconciliación e a necesidade da solidariedade do mundo opulento con aquel.
  • Eclesia in Medio Oriente sobre a liberdade relixiosa das igrexas do próximo Oriente, a defensa da súa identidade e a necesidade do diálogo fraterno co islam e co xudaísmo.

Como Papa Bieito XVI viaxou a Alemaña (en dúas ocasións), Polonia, España (en tres ocasións), Turquía, Brasil, Austria, Estados Unidos de América, Australia, Francia, Camerún, Angola, Malta, Portugal, Chipre, Reino Unido da Gran Bretaña, Croacia, México, Cuba e Líbano.

Novos doutores da Igrexa

[editar | editar a fonte]

En 2012 Bieito XVI proclamou doutores da Igrexa á mística e científica medieval Hildegard von Bingen e ao sacerdote español perseguido pola Inquisición Xoán de Ávila.

Polémicas

[editar | editar a fonte]

Botou o xefe de prensa do Opus Dei Rafael Navarro-Valls e optou polo xesuíta Federico Lombardi, máis aberto. Destituíu o Secretario de Estado Sodano, sospeitoso de connivencia cos Lexionarios de Cristo, e substituíuno polo salesiano Tarsicio Bertone con sona de moderado. Condenou ao ostracismo o pederasta Marcial Maciel e ordenou a refundación dos Lexionarios de Cristo, creada por aquel e inzada de escándalos sexuais e financeiros. Ordenou poñer a disposición da xustiza penal civil os sacerdotes pederastas. Fracasou na rexeneración das finanzas vaticanas (dimisión de Ettore Gotti Tedeschi). Nesta liña, promulgara normas para evitar o branqueo de capitais.[5]

Foi criticado por sectores conservadores ao admitir o uso do preservativo nalgúns casos,[6] ofrecer colaboración ao réxime comunista postcastrista cubano e admitir a necesidade dun recoñecemento legal ás parellas distintas ao matrimonio heterosexual a través do presidente do Pontificio Consello da Familia Vicenzo Paglia.[7][8] Un discurso na Universidade en Ratisbona en 2006 alporizou o mundo musulmán por unhas supostas críticas a Mahoma, o que lle obrigou a tender pontes na viaxe a Istambul e ao Líbano.[9][10]

Causou malestar entre o integrismo católico co nomeamento de Gerhard Ludwig Müller como Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe[11][12], coñecido pola súa boa sintonía con Gustavo Gutiérrez Merino, o fundador da Teoloxía da liberación. Tamén causou desgusto neses sectores a creación do Adro dos Xentís[13], co fin de establecer un diálogo estable con pensadores agnósticos e ateos.

Viuse afectado pola filtración de documentos coñecida como Vatileaks, que deixou ao descuberto as liortas internas na curia. Rompeu coa tradición do carácter vitalicio do papado ao anunciar a súa renuncia para o 28 de febreiro de 2013.

Pouco antes do conclave e tres días antes da súa renuncia forzou a dimisión do cardeal escocés Keith O'Brien por sospeitoso de acoso sexual.[14]

Visita a Galicia

[editar | editar a fonte]
Escultura de Bieito XVI nas Cancelas, Santiago de Compostela.

Bieito XVI visitou Galicia o 6 de novembro de 2010, co gallo do Ano Xacobeo. Foi a súa única visita a Galicia e a terceira vez que un papa acode a Santiago de Compostela durante o pontificado. O seu avión aterrou na Lavacolla procedente de Roma ás 11:30 da mañá sendo recibido polos entón príncipes de Asturias, Filipe e Letizia.[15] Posteriormente desprazouse ata a catedral de Santiago de Compostela, á que entrou ás 13:00, pasando pola Porta Santa ás 13:25 visitando o lugar onde para a igrexa católica está soterrado Santiago o Maior. Despois de xantar no pazo arcebispal, celebrou unha misa ás 16:30. Ás 19:45 retornou á Lavacolla con dirección a Barcelona.[16]

O 11 de febreiro de 2013 o papa Bieito XVI anunciou por sorpresa a súa renuncia ao cargo, alegando «falta de forzas». O anuncio realizouno en latín durante o consistorio de canonización dos mártires de Otranto. Segundo as súas palabras:

Cheguei á certeza de que as miñas forzas, debido á miña avanzada idade, non se adecúan por máis tempo ao exercicio do ministerio petrino. Con total liberdade declaro que renuncio ao ministerio de bispo de Roma e sucesor de Pedro.

A renuncia do papa Bieito debe considerarse excepcional, dado que foi a primeira desde a Idade Media, concretamente o ano 1415 —con Gregorio XII, obrigado a renunciar no Concilio de Constanza para dar fin ao Cisma de Occidente—, e a primeira por vontade propia desde 1294 (con Celestino V, que renunciou para facerse ermitán). No momento de anunciar a súa renuncia, o papa Bieito XVI tiña 85 anos, e levaba case oito de pontificado.[17]

Dita renuncia fíxose efectiva o 28 de febreiro ás 20:00 horas, hora de Italia, a partir da cal a sede papal quedou vacante, dando comezo ao proceso de celebración dun conclave, que elixiu un novo papa, Francisco. Bieito XVI abandonou a Cidade do Vaticano en helicóptero para dirixirse a Castel Gandolfo. Chegado á que sería a súa nova residencia nos dous primeiros meses tras a súa renuncia, compareceu no balcón do Palacio Apostólico, onde dirixiu as súas últimas palabras como papa á xente congregada na praza:

Grazas, grazas de corazón. Grazas pola vosa amizade e o vostro afecto (...). Non son máis o Sumo Pontífice da Igrexa. A partir das 20:00 horas, serei simplemente un peregrino que continúa a súa peregrinación sobre a Terra e enfronta a etapa final. (...) Grazas e boa noite.

Seguidamente, deu a bendición e retirouse.[18] Ás 20:00 horas, a Garda suíza que custodiaba o portón do palacio foi relevada pola Xendarmaría vaticana, á vez que se pechaban os postigos, simbolizando deste modo o fin do pontificado.[19]

Durante o tempo de sede vacante, a até o 2 de maio de 2013, Bieito XVI residiu en Castel Gandolfo; logo, ese mesmo 2 de maio, trasladouse ao mosteiro Mater Ecclesiae, que se encontra dentro dos muros do Vaticano.[20] Alí vive dedicado á oración e ás súas afeccións, xunto co seu secretario privado Georg Ganswein, catro leigas consagradas da comunidade Memores Domini (ligadas ao movemento Comuñón e Liberación) que o axudarán cos labores domésticos, e un diácono belga. Ademais hai dispoñíbel un cuarto para que se aloxe seu irmán, Georg Ratzinger, cando o visite.[21] Deste xeito, Bieito viviu cerca do seu sucesor, o papa Francisco, na propia Cidade do Vaticano, sendo isto un acontecemento único e histórico dentro da Igrexa Católica.[22] O até entón papa mantén o seu nome, Bieito XVI, e desde a súa renuncia ostenta o título de papa emérito ou pontífice emérito, así como bispo emérito de Roma, co tratamento de Súa Santidade.[23][24][25]

Durante o seu retiro, Bieito XVI mantivo unha rutina diaria que consistía na misa conventual durante a mañá, estudo na biblioteca e o rezo do rosario nos xardíns se era posible, ademais de informarse nas canles de televisión bávara, a ZDF e a RAI no serán.[26] Ademais, tamén recibiu visitas do papa Francisco e concedeu algunhas audiencias públicas.[27][28] En 2020, fixo a única viaxe dende a súa renuncia, trasladándose a Ratisbona para visitar o seu irmán máis vello, Georg, quen estaba enfermo e que morrería ao cabo dun tempo.[29]

No termo da audiencia xeral do 28 de decembro de 2022, o papa Francisco, pediu unha oración especial por Bieito XVI, engadindo que "está moi enfermo".[30] Logo deuse a coñecer que estaba baixo asistencia médica en condicións "graves pero estables".[31] O seu pasamento produciuse ás 9.34 da mañá do 31 de decembro de 2022 segundo informou o Vaticano, aos 95 anos de idade.[32][33]

Sucesión apostólica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sucesión apostólica.
  • Jesus von Nazareth - Band 1: Von der Taufe im Jordan bis zur Verklärung, 2007, ISBN 3-451-29861-9.
  • Jesus von Nazareth - Band 2: Vom Einzug in Jerusalem bis zur Auferstehung, 2011, ISBN 978-3-451-32999-9.
  • Jesus von Nazareth. Prolog - Die Kindheitsgeschichten, 2012, ISBN 978-3-451-34999-7.
  • Gottes Glanz in unserer Zeit, Verlag Herder, Friburgo de Brisgovia, 2005
  • Unterwegs zu Jesus Christus. Augsburg 2003, ISBN 3-936484-21-X
  • Glaube – Wahrheit – Toleranz. Das Christentum und die Weltreligionen. 2. Aufl., Freiburg i. Brsg. 2003, ISBN 3-451-28110-4
  • Der Geist der Liturgie. Eine Einführung. 4. Aufl., Freiburg i. Brsg. 2000, ISBN 3-451-27247-4
  • Theologische Prinzipienlehre. Bausteine zur Fundamentaltheologie. 2. Aufl., Wewel, München 2005, ISBN 3-87904-080-X (Inhaltsverzeichnis;)
  • Aus meinem Leben. Erinnerungen 1927-1977. Stuttgart 1998, ISBN 3-453-16509-8
  • Bilder der Hoffnung Wanderungen im Kirchenjahr Verlag Herder, Freiburg im Breisgau, 1997
  • Das Fest des Glaubens. Versuche zur Theologie des Gottesdienstes. 3. Aufl., Johannes, Einsiedeln 1993, ISBN 3-89411-199-2
  • Wahrheit, Werte, Macht,Prüfsteine der pluralistischen Gesellsfachft, Verlarg Herder, Freiburg/Basel/Wien 1993, ISBN 3-7820-0812-X
  • Prinzipien Chritslicher Moral, Freiburg, 1990
  • Auf Christus schauen, 1989, Freiburg/Basel/Wien 1989, ISBN 3-451-21481-4
  • Kirche, Ökume und Politik, 1986, ISBN 3-89411-201-8,
  • Politik und Erlösung. Zum Verhältnis von Glaube, Rationalität und Irrationalem in der sogenannten Theologie der Befreiung. Opladen 1986, ISBN 3-531-07279-X
  • Eschatologie – Tod und ewiges Leben. 2. Aufl., Pustet, Regensburg 2007, ISBN 978-3-7917-2070-8
  • Dogma und Verkündigung. 3. Aufl., 1973, ISBN 3-87904-050-8
  • Zwei Plädoyers, Bayern, 1971
  • Das neue Volk Gottes.Patmos-Verlag, 1969, ISBN 3-491-71001-4
  • Einführung in das Christentum. Vorlesungen über das Apostolische Glaubensbekenntnis. 1968, ISBN 3-466-20089-X
  • Die christliche Brüderlichkeit. München 1960. ISBN 3-466-36718-2.
  • Episkopat und Primat, con Karl Rahner
  • Die Geschichtstheologie des heiligen Bonaventura. München 1959. ISBN 3-88096-081-X).
  • Volk und Haus Gottes in Augustins Lehre von der Kirche, München 1954. ISBN 3-88096-207-3

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Julius Döpfner
 Arcebispo de Múnic e Frisinga 
24 de marzo de 1977 - 15 de febreiro de 1982
Sucesor:
Friedrich Wetter
Predecesor:
Franjo Šeper
 Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe 
25 de abril de 1981 - 19 de abril de 2005
Sucesor:
William Levada
Predecesor:
Xoán Paulo II
 Papa
Bispo de Roma
 
19 de abril de 2005 - 28 de febreiro de 2013
Sucesor:
Francisco
  1. Guía de nomes galegos: [1]
  2. Luz Méndez Sobre onomástica, o nome do papa e o estándar galego, Estudos de Lingüística Galega 3 Arquivado 02 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
  3. Sarille, Xosé Manuel. "Bieito XVI". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22. 
  4. "Encíclicas de Benedicto XVI". w2.vatican.va. Consultado o 2019-02-26. 
  5. "El Papa cierra las puertas del Vaticano al blanqueo de dinero". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-12-31. Consultado o 2019-02-26. 
  6. Benedicto XVI se ha enfrentado, además, a sus seguidores más acérrimos, los conservadores. No es que se haya convertido de pronto a la modernidad, pero su idea de que “la Iglesia no debe esconderse” le permitió abordar asuntos que otros prelados consideran vedados. Un ejemplo fue el de los preservativos. Benedicto XVI es partidario de su uso “en algunos casos”. Sorprendidos, la idea fue matizada hasta por los obispos españoles. El Papa, seguro de sí mismo, zanjó la polémica con la afirmación de que lo dicho por él “no necesita aclaraciones”, Juan G. Bedoya en El País
  7. Fernando, Luis. "Lo que ha dicho Mons. Paglia versus lo que interpretan que ha dicho". InfoCatólica (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  8. Arzobispo Vincenzo Paglia: “no estoy en contra de las uniones civiles” Espíritu Gay
  9. "El mundo islámico mantiene sus protestas pese a las disculpas del Papa". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-09-18. Consultado o 2022-12-31. 
  10. González, Enric (2006-11-25). "El viaje más difícil de Benedicto XVI". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-12-31. 
  11. "Müller: "Es necesario distinguir entre una teología de la liberación equivocada y una correcta"". religiondigital.com. Consultado o 2019-02-26. 
  12. "Mons. Gerhard Ludwig Müller coautor de un libro sobre "Teología de la Liberación" junto con el P. Gustavo Gutiérrez". Catolicidad. Consultado o 2019-02-26. 
  13. "Atrio de los gentiles: cerrado temporalmente por obras" (en castelán). 6 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. 
  14. Oppenheimer, Walter (2013-02-25). "El Papa fuerza la dimisión de un cardenal acusado de acoso sexual". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-30. 
  15. "Bieito XVI pregrinou a Compostela en 2010". G24. Consultado o 2022-12-31. 
  16. "Percorrido e Actos". Galicia Camiño do Papa. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. 
  17. "El papa Benedicto XVI renunciará al pontificado el 28 de febrero "por falta de fuerzas"". 20 minutos. 11 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  18. Benedicto XVI ya es Papa emérito: 'Seré simplemente un peregrino' Diario El Mundo, 28/02/2013.
  19. "Los símbolos del adiós del Papa Benedicto XVI". COPE (en castelán). 2013-02-28. Consultado o 2023-01-01. 
  20. "Benedicto XVI regresó a El Vaticano". Zenit. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  21. El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al Vaticano Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Informador.
  22. "Benedicto XVI y Francisco, dos papas en un mismo altar". El Comercio (en castelán). 2014-04-27. Consultado o 2019-02-26. 
  23. "Mantendrá nombre de Benedicto XVI - El Diario". El Diario de Juárez (en castelán). Consultado o 2019-02-26. 
  24. "Benedicto XVI será Papa emérito". VIS (News.va). 26 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2017. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  25. "Papa Benedicto XVI se convertirá en Obispo Emérito". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  26. "En visite chez Benoît XVI au monastère 'Mater Ecclesiae'". cath.ch. 
  27. "El Papa y los nuevos cardenales visitan a Benedicto XVI - Vatican News". www.vaticannews.va (en castelán). 2022-08-27. Consultado o 2022-12-31. 
  28. "Una birra per Benedetto XVI. Ecco come lui stesso parlava del suo compleanno, «amicizia» con Cristo". Tempi (en italiano). 2015-04-16. Consultado o 2022-12-31. 
  29. Vecchi, Gian Guido (2020-06-18). "Benedetto XVI vola dal fratello Georg Ratzinger, molto malato". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-12-30. 
  30. "Pope Francis asks for prayers for Benedict XVI - Vatican News". www.vaticannews.va (en inglés). 2022-12-28. Consultado o 2022-12-30. 
  31. "As condicións de saúde de Bieito XVI son "graves pero estables"". G24. Consultado o 2022-12-30. 
  32. "Morre Bento XVI, "humilde trabalhador na vinha do Senhor" - Vatican News". www.vaticannews.va (en portugués). 2022-12-31. Consultado o 2022-12-31. 
  33. "Morre o papa Bieito XVI". G24. Consultado o 2022-12-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]