Saltar ao contido

Sisto III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSisto III, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 390 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 440 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
44º Papa
1 de agosto de 432 – 18 de agosto de 440 (Gregoriano)
← Celestino ILeón I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSan Sisto
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de agosto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Sixtus III. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5803119
Sixtus III

Sisto III, nado en Roma e finado o 18 de agosto de 440, foi o papa nº 44 da Igrexa católica de 432 a 440.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no seo da familia Colonna pronto se convertería nun membro influente no contorno dos papas Zósimo, Bonifacio I e Celestino I a pesar de que na súa mocidade se sentise atraído polas doutrinas pelaxianistas, aínda que parece ser que volveu á ortodoxia grazas á súa correspondencia con San Agostiño.

O seu pontificado, iniciado tras o Concilio de Éfeso, celebrado en 431, estivo marcado polo nestorianismo, doutrina que xunto ao pelaxianismo, fora condenada no mesmo. E iso provocou que fose acusado de abrazar os seus postulados. Sixto, para rebater ditas acusacións fixo reconstruír a basílica de Santa María a Maior, que ao dedicala a María como nai de Deus, supoñía a súa aceptación do título de Theotókos que o concilio de Éfeso outorgara a María en contra das doutrinas nestorianas que só lle outorgaban o título de Khristotókos (nai de Xesús).

Así mesmo velou pola conservación dos dereitos da Santa Sé ao confirmar que Iliria dependía eclesiasticamente da diocese de Tesalónica e non da de Constantinopla como pretendía o patriarca de dita cidade. Restaurou en Roma as basílicas de Santa Sabina no monte Aventino e San Lourenzo Extramuros. Un dos seus principais logros foi restaurar a paz entre Cirilo de Alexandría e os sirios.

Faleceu o 18 de agosto de 440 sendo enterrado en San Lourenzo Extramuros.