Cervaña, Silleda
Cervaña | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Cervaña. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′28″N 8°19′46″O / 42.72433248, -8.32935199 |
Poboación | 106 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Cervaña é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 117 habitantes (57 mulleres e 60 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Destaca na historia de Cervaña a liñaxe dos Fernández de Deza e Taboada, que recibiron o título de Patrón de Cervaña. Estes construíron a carón da igrexa a súa capela funeraria.
Pola parroquia cruza o viaduto de Reguenga, da AP-53, e nela sitúase unha das estacións de pago de peaxe.
Nesta parroquia naceron o relixioso Andrés Aguiar Caamaño, que chegou a ser bispo de Mondoñedo, e os políticos Manuel, Rafael e Ramón García Sampayo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cervaña, Silleda.
-
Casa reitoral e igrexa de Cervaña.
-
Capela da igrexa de Cervaña.
-
Palco da festa de Cervaña.
-
Un letreiro en Cervaña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cervaña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cervaña no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Alfonsiños | A Cova | Ouzande | Reguenga | Requeixo |