Saltar ao contido

Escuadro, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escuadro
Igrexa de San Salvador de Escuadro
ConcelloSilleda[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°41′27″N 8°18′25″O / 42.6908209, -8.3068948
Poboación402 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes. É a parroquia rural máis poboada de Silleda, se ben sufriu unha gran perda demográfica durante o século XX, pois en 1930 tiña 1.030 habitantes.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Pazo de Cascaxide, casa señorial do século XVIII que conta cun bosque declarado espazo protexido.
  • Pena de Auga, que amorea auga de chuvia no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermidades da pel e dos ollos. Neste lugar da Penadauga celebrouse no seu momento unha feira mensual.

Celebra as súas festas patronais repartidas ao longo do ano. O terceiro sábado do mes de marzo celébrase o San Marcos, o 2 de xullo e o domingo seguinte venérase á Santa Isabel. O 6 de agosto e o 7 de agosto celébranse as festas do verán na honra ao San Salvador, patrón da parroquia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Escuadro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Escuadro no concello de Silleda (Pontevedra)

Balántiga | Barreiro | Bustelo | Cascaxide | Cimadevila | Cumbraos | Escuadro | Férveda | Outeiro | Paredes | A Penadauga | Portovello | Rañadoiro | Sar | Senra | Sestelo | Soldecasa | A Somoza | Torrón

Parroquias de Silleda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]