Oleiros, Silleda
Oleiros | |
---|---|
Sansón e o león, na igrexa de San Miguel | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′59″N 8°12′42″O / 42.64981928, -8.21173279 |
Poboación | 86 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 144 habitantes. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 86 habitantes (44 homes e 42 mulleres).
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópase a coñecida como Área arqueolóxica de Oleiros composta por 10 petróglifos, 3 mámoas e 3 castros, sendo unha das áreas de Galicia con meirande concentración de elementos de patrimonio arqueolóxico.
A igrexa de San Miguel conserva sobre a súa porta un tímpano cunha representación da loita de Sansón e o león. No adro da mesma, atópase un sepulcro da Idade Media. Destaca tamén o Pazo de Marzá ou Casa do Fidalgo.
Nesta parroquia naceu o catedrático de ciencias Francisco Javier Sánchez Cervela, pai do historiador Francisco Javier Sánchez Cantón, impulsor do Museo de Pontevedra e director do Museo do Prado.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros, Silleda.
-
Igrexa de San Miguel de Oleiros.
-
Fachada da igrexa de Oleiros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oleiros
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Carballo | Fornería | Laxe | A Malata | Marza | Oleiros | Pazos | Pena do Camiño | Vilanova |