Cucunubá
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 112 km² | |||
Altitude | 2.590 m | |||
Creación | 2 de agosto de 1600 | |||
Páxina web | cucunuba-cundinamarca.gov.co… |
Cucunubá é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Ubaté. Sitúase a oitenta e oito quilómetros ó norte de Bogotá, distrito capital.
O concello limita polo norte cos concellos de Ubaté e Lenguazaque; polo sur con Suesca; polo leste con Lenguazaque e Suesca; e polo oeste con Tausa, Sutatausa e Ubaté.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro encomendeiro foi Juan de Montalvo. O 27 de abril de 1577, a Real Audiencia de Santafé de Bogotá encargou a Rodrigo Tellez de las Peñas como xuíz poboador para facer a poboación do repartimento de Cucunubá, que quedou delimitado por sete cerros: Fumbraguila, Tuguagula, Foquegula, Cucuachonchiquia, Guaguachiquia Tiguavita e Chiangosguala. O 17 de xullo de 1600, o oidor visitador Luis Enríquez, despachou dende Zipaquirá un auto de vita notificando ó encomendeiro de Cucunubá para que congregar ós indios da súa vila. O 1 de agosto, Luis Enríquez chegou a Cucunubá, inspeccionou as terras e as labranzas de trigo e de millo. Ó día seguinte, o 2 de agosto, acompañado polos oficiais que o acompañaban, convocou ós caciques indíxenas, e por medio do intérprete Blas Martín, levantou a Acta de Fundación. Ese mesmo día contratouse a construción da igrexa. co I.E.D Divino Salvador.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cucunubá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 01 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)