Fosca, Cundinamarca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 126,02 km² | |||
Altitude | 2.080 m | |||
Creación | 1636 | |||
Sitio web | fosca-cundinamarca.gov.co… |
Fosca, ou oficialmente San Antonio de Fosca, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Oriente, a 62 km ó sueste de Bogotá.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Fosca», en muysc cubun (lingua muisca), quere dicir «Fortaleza do Raposo», de Fo, «raposo», e Ca, «fortaleza» con s intermedia.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Fosca estivo habitado polos maus, macos e os guapis, ou buchipas, en cuxas terras os muiscas mantiñan unha gornición de güechas para vixiar as súas fronteiras.
O primeiro europeo en chegar ó territorio de Fosca foi o capitán Pedro de Limpias, quen chegou en 1539 procedente dos chairos de San Juan ou Orientais. O poboado indíxena estaba situado nun lugar chamado "Placitas", ó sueste do actual centro urbano, na parte alta das ribeiras do Sáname. O 5 de febreiro de 1627 o Oidor Juan de Valcárcel, quen non atopou propicio o lugar que habitaban os indíxenas, trasladouno a un sitio sobre o río Sáname, onde poboou e fundou o pobo de indios chamado San Antonio de Fosca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)