Igrexa de Santiago de Bembrive
Igrexa de Santiago de Bembrive | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | Bembrive, Vigo |
Coordenadas | 42°12′14″N 8°41′12″O / 42.20395, -8.68672222 |
Catalogación | BIC (incoado expediente en 1980) [1] |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | séculos XII-XIII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive.[2] É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo, sendo as outras dúas a igrexa de Santa María de Castrelos e a igrexa de San Salvador de Coruxo.[3]
Construción
[editar | editar a fonte]Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223.[2] A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.[4]
Elementos
[editar | editar a fonte]Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.[2]
Devoción
[editar | editar a fonte]O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resolución do 10 de marzo de 1980 BOE nº 94 do 18 de abril de 1980.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Igrexa de Santiago de Bembrive". Turgalicia. Consultado o 19/8/2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Iglesia de Santiago de Bembrive" (en castelán). Galicia Máxica. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 19/8/2015.
- ↑ "Igrexa Románica de Bembrive". Concello de Vigo. Consultado o 19/8/2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santiago de Bembrive |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bangos Torviso, Isidro (1978). "Iglesias Románicas en el Municipio de Vigo", Madrid, en Vigo en su Historia, 1980, Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 133-140. ISBN 84-7231-494-4.
- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Barrié. pp. 60–61. ISBN 84-85728-62-9.
- Chamoso Lamas, Manuel; González, Victoriano; Regal, Bernardo (1997). Rutas románicas en Galicia/2 (en castelán). Ediciones Encuentro. pp. 16–17. ISBN 84-7490-429-3.
- Ocaña Eiroa, Francisco Xabier (1995). Itinerario escolar polas igrexas románicas de Vigo, Vigo, Concello de Vigo, Patrimonio Histórico e Medio Ambiente. ISBN 84-87637-20-5.
- de Sá Bravo, Hipólito. Las rutas del románico en la provincia de Pontevedra, 1978.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Igrexa Románica de Bembrive en Turismodevigo.org
- Igrexa Románica de Bembrive na páxina do Concello de Vigo
- Ficha en Patrimonio Galego