Saltar ao contido

Lingua puinave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puinave
Wãnsöhöt
Pronuncia:[wãnsɤhɤt]
Falado en: Colombia e Venezuela
Rexións: Guainía e Amazonas
Total de falantes: 3 000 (2001–2008)[1]
Familia: Americana
 Makú
  Puinave
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pui
Mapa
Status

O puinave está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua puinave, tamén coñecida como waipunavi ou wanse, é unha lingua indíxena de Colombia e Venezuela, falada polo pobo puinave na rexión do Orinoco, presente no leste de Colombia (Guainía) e o oeste de Venezuela (Amazonas), dende o río Apaporis até o río Guaviare,[3] e sobre todo no río Inírida. Segundo os censos destes países, é falada por pouco máis de 3.300 persoas.[4]

Polo xeral, considérase unha lingua illada,[5] aínda que tamén foi clasificada como parte da familia makú-puinave.[6] Un estudo comparativo considerou posíbel unha relación xenética do puinave cun proto-makú e ademais un eventual substrato aínda non coñecido.[7]

Malia ser unha lingua estudada e recoñecida dende hai décadas,[8] como moitas linguas amazónicas, está en risco de desaparecer.[3] O reducido da poboación que a fala e a dificultade da súa pronunciación para os hispanofalantes poden estar entre as causas.[8]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

A lingua puinave presenta os seguintes fonemas:[7]

Consoantes

labial alveolar velar glotal
oclusivas xordas p t k ʔ
nasais m n
fricativas xorda s h

A oclusiva labial [p] realízase como sonora [b] en ambiente nasal e como labializada [pw] ou [bw] ao comezo da palabra. A nasal [m] realízase como labial sonora prenasalizada [mb] ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva alveolar [t] realízase como sonora [d] antes das vogais nasais medias e como a vibrante simple [ɾ] antes das demais vogais nasais. A nasal [n] realízase como alveolar sonora prenasalizada [nd] ao comezo da palabra ao comezo da palabra antes de vogal oral. A oclusiva velar [k] realízase como sonora [g] antes de consoante nasal fricativa e varía libremente con [g] ao final da palabra.[7]

Vogais

Orais Nasais
coronais dorsais labiais coronais dorsais labiais
altas i ɯ u ĩ
medias e ɤ o ɤ̃ õ
baixas a ã

As vogais altas coronal [i] e labial [u] realízanse como as aproximantes [j] e [w], nas marxes da sílaba. A alta coronal [i] palatalízase ao comezo da palabra como as sonoras oclusiva [ɟ], fricativa [ʝ] ou nasal [ɲ].[7]

O puinave é unha lingua tonal que presenta tons alto, baixo, ascendente e descendente.[7]

  1. Lingua puinave en Ethnologue
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Moseley, Christopher. "Encyclopedia of the world's endangered languages" (XHTML) (en inglés). Routledge. Consultado o 14 de outubro de 2010. páx. 162 
  4. Lewis, M. Paul (ed.). "Puinave" (HTML). Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition (en inglés). Dallas, Tex.: SIL International. Consultado o 14 de outubro de 2010. 
  5. Landaburu, Jon. WBLAA, ed. "Lenguas aisladas". Clasificación de las lenguas indígenas de Colombia (en castelán). Bogotá: C.N.R.S. Universidad de Los Andes - Centro Colombiano de Estudios de Lenguas Aborígenes, CECELA. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 26 de setembro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2010. FAMILIA MACU-PUINAVE 
  6. Fabre, Alain. Tampere University of Technology, ed. "PUINAVE-MAKÚ" (DOC). Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos (en castelán). Tampere, Finlandia. Consultado o 1 de xuño de 2021. pp. 1-3 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Girón Higuita, Jesús Mario (2008) Una Gramática del Wãênsöjöt (Puinave). Vrije Universiteit Amsterdam. Utrecht: LOT.
  8. 8,0 8,1 Peirson, Ellen Jean. Olga Trujillo R., ed. "Formas de destacar información en la narrativa puinave" (PDF). Artículos en Lingüística y campos afines (en castelán). Bogotá: Instituto Lingüístico de Verano - DIGIDEC - Ministerio de Gobierno República de Colombia. Consultado o 14 de outubro de 2010. páx. 17, notas 1 e 2