Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm | |
---|---|
En galego: A miña terra nai, o meu gozo e dita | |
Himno de | Estonia |
Letra | Johann Voldemar Jannsen 1869 |
Música | Fredrik (Friedrich) Pacius 1848 |
Adoptado | 1920 |
Mostra da música | |
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (A miña terra nai, o meu gozo e dita) foi adoptado como himno nacional (en estoniano: riigihümn, ou rahvushümn) da República da Estonia en 1920, sendo retomado en 1990. Entre 1956 e 1990, a República Socialista Soviética de Estonia, parte da Unión Soviética, tiña un himno diferente: Eesti NSV hümn.
A letra foi escrita por Johann Voldemar Jannsen para unha melodía composta en 1848 por Fredrik (Friedrich) Pacius que tamén compuxo a música do himno nacional da Finlandia: Maamme.
A canción presentouse ao público pola primeira vez no decorrer do Gran Festival da Canción de Estonia en 1869 e tornouse rapidamente no símbolo do Nacionalismo estoniano.
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
[editar | editar a fonte]Mu isamaa, mu õnn ja rõõm,
kui kaunis oled sa!
Ei leia mina iial teal
see suure, laia ilma peal,
mis mul nii armas oleks ka,
kui sa, mu isamaa!
Sa oled mind ju sünnitand
ja üles kasvatand;
sind tänan mina alati
ja jään sull' truuiks surmani,
mul kõige armsam oled sa,
mu kallis isamaa!
Su üle Jumal valvaku,
mu armas isamaa!
Ta olgu sinu kaitseja
ja võtku rohkest õnnista,
mis iial ette võtad sa,
mu kallis isamaa!
Tradución
[editar | editar a fonte]A miña terra nai, o meu gozo e dita,
Que fermosa es!
Non atoparei lugar ningún
No mundo enteiro
Que sexa máis querido para min,
Ti, a miña querida terra nail!
Ti déchesme a nacenza,
Ti criáchesme.
Sempre cho agradecerei,
Sereiche fiel ata a morte,
Como a máis amada,
A miña querida terra nai!
Poida Deus coidarte
A miña preciosa patria!
Poida El defenderte,
dándoche abondosas benzóns
Implicándose nas túas accións,
A miña querida terra nai!
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ouvir a melodía (Web do Goberno)
- Himno nacional da Estonia
- En estoniano