Saltar ao contido

Paraceraterios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraceratherium
Rango fósil: Oligoceno inferiorMioceno inferior[1]

Esqueleto de Paraceratherium transouralicum.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Hyracodontidae
Subfamilia: Indricotheriinae
Xénero: Paraceratherium
Forster Cooper, 1911
Lugares nos que se atoparon fósiles de Paraceratherium.
Lugares nos que se atoparon fósiles de Paraceratherium.

Lugares nos que se atoparon fósiles de Paraceratherium.
Especies
  • P. bugtiense
  • P. orgosense
  • P. prohorovi
  • P. transouralicum
  • P. zhajremensis
Sinonimia

Baluchitherium (Forster Cooper, 1913)[2]
Thaumastotherium Forster Cooper, 1913a[2]
Indricotherium Borissiak, 1916[2]
Aralotherium Borissiak, 1939[2]
Dzungariotherium Xu & Wang, 1978[2]

Os paraceraterios (Paraceratherium, do grego "besta case cornuda")[3] é un xénero extinto de mamíferos perisodáctilos, suborde Ceratomorpha da familia Hyracodontidae. Describíronse cinco especies diferentes, pero tanto as relacións entre ditas especies como as relacións a nivel de xénero xeraron unha controversia que aínda dura un século despois deodescubrimento dos primeiros fósiles.

Foron os meirandes mamíferos terrestres de tódolos tempos, cunha altura de cinco metros e medio na cruz[4] e de sete metros e medio na testa, e oito metros de lonxitude (sen contar a cola). As estimacións do peso dos paraceraterios varían, mais oscilan arredor das quince toneladas.[5] Os paraceraterios, ó ser ceratomorfos, están relacionados cos rinocerontes actuais. Porén, a diferenza do rinoceronte branco, alimentábanse arrincando as follas das árbores. Tampouco tiñan cornos.[6] Os animais deste xénero apareceron en Asia central durante a primeira metade do período Oligoceno, hai aproximadamente trinta millóns de anos, e extinguíronse a mediados do período Mioceno, hai 16,6 millóns de anos.[6]

  1. The Paleobiology Database Arquivado 22 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Información taxonómica e de distribución sobre o rexistro fósil de plantas e animais.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Mikko¡s Phylogeny Archive- Synonyms of Paraceratherium". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 28 de agosto de 2015. 
  3. Forster Cooper, C. (1911). "Paraceratherium bugtiense, a new genus of Rhinocerotidae from Bugti Hill of Baluchistan -preliminary notice.". Ann. Magazine of Natural History 8 (8): 711–716. 
  4. Encarta, Microsoft (2007). "Mammal". Entrada da Encarta. Microsoft Corpotation. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 30 de abril de 2008. 
  5. Science Daily (2002). "Why Are Lions Not As Big As Elephants?". Science Daily. Consultado o 30 de abril de 2008. 
  6. 6,0 6,1 Indricotherium: artigo na Encyclopædia Britannica

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]