Partido Galego do Proletariado
Partido Galego do Proletariado | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1978 (transformado en Galiza Ceive-OLN) |
Disolución | 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo Independentismo galego |
Publicación | Sempre en Galicia |
O Partido Galego do Proletariado (PGP) foi un partido galego independentista e marxista-leninista formado en marzo de 1978 ao adoptar ese nome a Unión do Povo Galego-liña proletaria que se consideraba continuadora da Unión do Povo Galego. O Comité Central actuaba na clandestinidade e os militantes descoñecían a súa identidade. Era partidario da loita armada, que consideraba antiimperialista e antioligárquica. O seu voceiro chamábase Sempre en Galicia.
En 1979 Unidade Galega incluíu como candidatos independentes a militantes do PGP nas eleccións municipais, co que o PGP conseguiu que tres dos seus membros saíran elixidos concelleiros (Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e Vilaboa). Tamén constituíu unha plataforma que concorriu ás eleccións municipais no concello de Vigo e que posteriormente se transformou na súa propia fronte asemblearia, Galicia Ceibe-OLN e a súa fronte armada, a Loita Armada Revolucionaria, o que provocou que en 1980 a policía detivera a varios dirixentes, entre eles Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais tivo unha notable influencia na Confederación Sindical Galega. O partido deixou de existir en 1980.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cilia Torna. «A prehistoria da UPG (LP) e do PGP Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.». Sermos Galiza.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |