Unión do Pobo Galego-liña proletaria
Aparencia
(Redirección desde «Unión do Povo Galego-liña proletaria»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Unión do Pobo Galego-liña proletaria | |
---|---|
A Unión do Pobo Galego-liña proletaria (UPG-lp) foi un partido galego independentista e comunista que apoiaba a loita armada. Editaba o voceiro Terra e Tempo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Froito dunha escisión da Unión do Povo Galego ocorrida en 1977 cando Xosé Luís Méndez Ferrín, que acusaba á UPG de dereitización, progresivo acatamento das institucións españolas e interclasismo foi expulsado da organización por discrepancias na política sindical, oposición á legalización da ING, sobre a participación nas eleccións e tamén polo seu apoio á loita armada. Nas eleccións xerais de 1977 pediu a abstención.
Foi rebautizado en marzo de 1978 co nome de Partido Galego do Proletariado.