Saltar ao contido

Premio Carlomagno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa do concello de Aquisgrán

O Premio Carlomagno (Internationaler Karlpreis der Stadt Aachen, e desde 1998 Internationaler Karlspreis zu Aachen) é un premio outorgado desde 1950 pola cidade alemá de Aquisgrán. É o premio máis antigo e coñecido co que son distinguidas as personalidades ou institucións no ámbito europeo en xeral e da Unión Europea en particular.[1]

A orixe do premio sitúase o 19 de decembro de 1949 cando un comerciante da cidade de Aquisgrán, o Dr. Kurt Pfeiffer, que fundara un círculo cultural co nome de ‘’Corona Legentium Aquensis’’ coa intención de fomentar o diálogo entre políticos, científicos e os personaxes culturais de toda Europa, anuncia a creación dun premio que bautiza co nome do emperador Carlomagno quen no século VIII fixara a súa residencia en Aquisgrán[2].

O obxectivo do Premio Carlomagno definiuse polo seu fundador nos seguintes térmos:

O premio actúa cara o futuro e carrexa un deber de contido sumamente ético. Diríxese, rexenerado por unha nova forza, á unificación dos pobos europeos para defender os máis altos valores humanos: a liberdade, a humanidade e a paz, para axudar aos pobos oprimidos e marxinados, e para asegurar o futuro dos fillos e dos netos.

No ano 2004, ademais do premio ordinario, concedeuse un premio especial ao papa Xoán Paulo II que non se entregou en Aquisgrán, senón na Cidade do Vaticano. Ó ano seguinte unha iniciativa cidadá intentou sen éxito retirar o premio a Henry Kissinger, quen obtivera o galardón en 1987. A súa xestión no goberno estadounidense foi criticada pola súa responsabilidade no golpe de Estado contra o presidente chileno Salvador Allende en 1973.[3]

O Premio Carlomagno outorgase á contribución (anual) máis valiosa para a comprensión e o desenvolvemento da comunidade en Europa Occidental e polos servizos á humanidade e á paz mundial. A contribución pode estar encadrada nos campos da literatura, das ciencias, da economía ou a política.

O xurado que outorga o Premio Carlomagno está formado por 17 persoas, entre as que se encontran o alcalde de Aquisgrán, o deán da Catedral e reitor da Escola Técnica Superior de Renania-Westfalia, radicada de igual xeito en Aquisgrán, así como representantes dos partidos políticos.

O premio consiste nun premio en metálico de 5.000 euros, unha medalla coa imaxe de Carlomagno no trono, e un certificado.[4]

A súa entrega realízase no mes de maio no interior da Sala da Coroación da Casa do concello de Aquisgrán, logo do cal, fanse tres discursos, un polo alcalde da cidade, outro de louvanza por un convidado especial e o terceiro polo propio premiado.

Relación de premiados

[editar | editar a fonte]
Ano Premiado Actividade Nacionalidade Galería
1950 Richard Coudenhove-Kalergi Fundador do movemento europeísta Austria
Juan Carlos I
Gyula Horn (1990)
Bill Clinton (2000)
Jean-Claude Trichet (euro) e Javier Solana (2007).
Angela Merkel (2008)
1951 Hendrik Brugmans Reitor do Colexio de Europa Bélxica
1952 Alcide de Gasperi Primeiro Ministro de Italia Italia
1953 Jean Monnet Presidente da Alta Autoridade da CECA Francia
1954 Konrad Adenauer Chanceler da República Federal Alemaña Alemaña
1956 Winston Churchill Primeiro Ministro do Reino Unido Reino Unido
1957 Paul Henri Spaak Secretario Xeral da OTAN Bélxica
1958 Robert Schuman Presidente do Parlamento Europeo Francia
1959 George Marshall Secretario de Estado dos Estados Unidos Estados Unidos
1960 Joseph Bech Primeiro Ministro de Luxemburgo Luxemburgo
1961 Walter Hallstein Presidente da Comisión Europea Alemaña
1963 Edward Heath Membro da Cámara dos Lores Reino Unido
1964 Antonio Segni Presidente de Italia Italia
1966 Jens Otto Krag Primeiro Ministro de Dinamarca Dinamarca
1967 Joseph Luns Ministro de Asuntos Exteriores dos Países Baixos Países Baixos
1969 A Comisión Europea Unión Europea
1970 François Seydoux de Clausonne Embaixador francés na RFA Francia
1972 Roy Jenkins Político británico Reino Unido
1973 Salvador de Madariaga Filósofo e historiador español España
1976 Leo Tindemans Primeiro Ministro de Bélxica Bélxica
1977 Walter Scheel Presidente da RFA Alemaña
1978 Konstantin Karamanlis Primeiro Ministro de Grecia Grecia
1979 Emilio Colombo Presidente do Parlamento Europeo Italia
1980 Non se concedeu
1981 Simone Veil Presidente do Parlamento Europeo Francia
1982 Juan Carlos I Rei de España España
1984 Karl Carstens Presidente da RFA Alemaña
1986 O pobo de Luxemburgo Luxemburgo
1987 Henry Kissinger Secretario de Estado dos Estados Unidos Estados Unidos
1988 François Mitterrand Presidente da República Francesa Francia
1988 Helmut Kohl Chanceler de Alemaña Alemaña
1989 Roger Schutz Fundador da Comunidade de Taizé Suíza
1990 Gyula Horn Ministro de Asuntos Exteriores de Hungría Hungría
1991 Václav Havel Presidente de Checoslovaquia Checoslovaquia
1992 Jacques Delors Presidente da Comisión Europea Francia
1993 Felipe González Márquez Presidente do Goberno de España España
1994 Gro Harlem Brundtland Primeiro Ministro de Noruega Noruega
1995 Franz Vranitzky Chanceler de Austria Austria
1996 Beatriz I Raíña dos Países Baixos Países Baixos
1997 Roman Herzog Presidente de Alemaña Alemaña
1998 Bronisław Geremek Ministro de asuntos exteriores de Polonia Polonia
1999 Tony Blair Primeiro Ministro do Reino Unido Reino Unido
2000 Bill Clinton Presidente dos Estados Unidos Estados Unidos
2001 György Konrád Escritor e sociólogo Hungría
2002 O Euro Unión Europea
2003 Valéry Giscard d'Estaing Presidente da Convención Europea Francia
2004 Pat Cox Presidente do Parlamento Europeo Irlanda
2004 Xoán Paulo II [5] Papa da Igrexa Católica Polonia
2005 Carlo Azeglio Ciampi Presidente de Italia Italia
2006 Jean-Claude Juncker Primeiro Ministro de Luxemburgo Luxemburgo
2007 Javier Solana Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade España
2008 Angela Merkel Chanceler de Alemaña Alemaña
2009 Andrea Riccardi Italia
2010 Donald Tusk Primeiro Ministro de Polonia Polonia
2011 Jean-Claude Trichet Presidente de Banco Central Europeo Francia
2012 Wolfgang Schäuble Alemaña
2013 Dalia Grybauskaitė Presidente de Lituania Lituania
2014 Herman Van Rompuy Presidente do Consello Europeo Bélxica
2015 Martin Schulz Presidente do Parlamento Europeo Alemaña
2016 Francisco Papa da Igrexa Católica Arxentina
2017 Timothy Garton Ash Profesor de estudos europeos na Universidade de Oxford Reino Unido
2018 Emmanuel Macron Presidente de Francia Francia
2019 António Guterres Secretariado das Nacións Unidas Portugal
2020 Klaus Iohannis Presidente de Romanía Romanía
2022 Sviatlana Cichanoŭskaja, María Kalesnikava, Verónica Zepkalo Políticos da oposición bielorrusa Belarús
2023 Volodymyr Zelenskyi Presidente de Ucraína Ucraína
  1. "Internationaler Karlspreis zu Aachen". karlspreis.de (en alemán). 2008. Arquivado dende o orixinal o 05/05/2008. Consultado o 11/05/2008. 
  2. "Internationaler Karlspreis zu Aachen". karlspreis.de (en alemán). 2008. Arquivado dende o orixinal o 05/05/2008. Consultado o 11/05/2008. 
  3. "Premio Carlomagno para Angela Merkel". Deutsche Welle 14.11.2007 (en español). 2007. Consultado o 11/05/2008. 
  4. "Juncker galardonado con el Premio Carlomagno 2006". Deutsche Welle 10.12.2005 (en español). 2005. Consultado o 11/05/2008. 
  5. Premio extraordinario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]