Saltar ao contido

Rainerio III de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaA Súa Alteza Serenísima Editar o valor en Wikidata
Rainerio III de Mónaco

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Rainier III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Rainier Louis Henri Maxence Bertrand Grimaldi Editar o valor en Wikidata
31 de maio de 1923 Editar o valor en Wikidata
Mónaco Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 2005 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Mónaco Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral da Nosa Señora Inmaculada Editar o valor en Wikidata
Príncipe de Mónaco
9 de maio de 1949 – 6 de abril de 2005
← Luís II de MónacoAlberte II de Mónaco → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio do príncipe do Mónaco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Estudos Políticos de París
Stowe School (en) Traducir
Cours Hattemer Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, político, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Mónaco (1949–2005) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Grimaldi Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGrace Kelly (1956–1982), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosCarolina de Mónaco, Alberte II de Mónaco, Estefanía de Mónaco Editar o valor en Wikidata
PaisPierre de Polignac Editar o valor en Wikidata  e Carlota de Mónaco Editar o valor en Wikidata
IrmánsPrincesa Antoinette, Baronesa de Massy Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de abril de 1956Voda de Rainerio III, príncipe de Mónaco, e Grace Kelly Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX887179 WikiTree: Grimaldi-13 Find a Grave: 10665757 Editar o valor en Wikidata

Rainerio[1] III de Mónaco[2], nado o 31 de maio de 1923 e finado o 6 de abril de 2005, foi fillo da princesa Charlotte Louise Juliette, duquesa de Valentinois (1898-1977) e do príncipe Pierre Marie Xavier Antoine Melchior (1895-1964). Recibe o título hereditario e a sucesión ó trono pola renuncia do seu pai, o príncipe Lois II.

O 18 de abril de 1956 casa con Grace Kelly (nacida en Pensilvania, Estados Unidos o 12 de novembro de 1929) e queda viúvo o 14 de setembro de 1982, cando esta morre nun controvertido accidente de tráfico. Tivo 3 fillos: a princesa Carolina (23 de xaneiro de 1957), o príncipe Alberte (14 de marzo de 1958 e actual príncipe) e a princesa Estefanía (1 de xaneiro de 1965).

Tivo así mesmo 7 netos: 4 fillos de Carolina: Andrea (1984), Charlotte (1986), Pierre Stefano (1987) e a princesa Alexandra de Hannover (1999); e 3 fillos de Estefanía: Louis Roberto Paul (1992), Pauline (1994) e Camille Marie Kelly (1998). Morreu o 6 de abril de 2005 despois dunha longa enfermidade causa dunha serie de operacións.

Estudos

Educouse en Inglaterra e Suíza. Estudos de ciencias políticas en París. Alistado no exército francés como tenente secundario, participou con esta unidade nas operacións para a campaña de Alsacia. Recibiu a Cruz da Guerra e a Estrela de Bronce.

Pasa a tenente da sección económica da misión militar francesa en Berlín. En xaneiro de 1947, Léon Blum, presidente do goberno interino da república francesa, conferiulle a lexión militar do Cabaleiro a cruz e de honra. En abril de 1949, o goberno francés ascéndeo a capitán, e en decembro de 1954, concédelle o grao de coronel no exército francés. Accede ó trono en 1949, con 26 anos.

O príncipe

No primeiro capítulo da constitución, indícase que o responsable da autoridade é o príncipe reinante. A constitución de 1962 tamén indica que a sucesión ao trono pasa aos descendentes directos e lexítimos do príncipe reinante baixo principio de primoxenitura. Os descendentes masculinos toman precedencia sobre descendentes femininos do mesmo grao de parentesco. En ausencia de descendentes lexítimos, un neno adoptado pode ter acceder ao trono. O príncipe, porén, pode exercer soamente o seu mandato se alcanzou a súa maioría de idade, fixada na idade de 21 anos. Durante a súa minoría, o cargo é exercido por un rexente.

As normas sucesorias foron modificadas a principios do século XX para que, no caso de que Alberto non tivese descendencia, Andrea, primoxénito de Carolina, poida reinar. Isto implica que na constitución actual reformada, o herdeiro buscarase primeiro entre os fillos do soberano, primando os homes. No caso de non ter descendencia, o trono pode pasar a un irmán do soberano. Para reinar é necesario tamén ter a nacionalidade monegasca e ter polo menos 18 anos (xa non 21).

Predecesor:
Lois II de Mónaco
Príncipe de Mónaco
1949 - 2005
Sucesor:
Alberte II de Mónaco

Notas

  1. Lema Suárez, X. M. (1992). Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo. p. 497. 
  2. Enciclopedia Galega Universal, tomo 114, páx. 284.