Saltar ao contido

Monumento a Emilia Pardo Bazán


Monumento a Emilia Pardo Bazán
Monumento a Emilia Pardo Bazán en 2021
Presentación
LocalizaciónA Coruña
DirecciónXardíns de Méndez Núñez
TipoEscultura
Construción
Data da construción1916
Equipo
EscultorLorenzo Coullaut Valera
Monumento a Emilia Pardo Bazán en 2021.

O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez.

Descrición

O monumento, realizado nunha pedra azul procedente de Murcia, foi inaugurado tras unha procesión cívica presidida polo alcalde Manuel Casás e o primeiro tenente de alcalde Gerardo Abad Conde o 15 de outubro de 1916. Ao acto non asistiu a homenaxeada nin o autor da escultura, que estaba traballando noutra obra.[1]

Despois de sufrir actos vandálicos, a estatua foi substituída por unha réplica de bronce en 2007,[2] mais a escultura orixinal volveu á súa localización en novembro de 2021 durante a conmemoración do centenario do seu pasamento.[3]

Galería de imaxes

Notas

  1. Fernández, Carlos (19 de marzo de 2005). "El «botellón» amenaza el recuerdo de Emilia Pardo Bazán". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  2. "Los jardines de Méndez Núñez recuperan la estatua de Emilia Pardo Bazán en bronce". Concello da Coruña. 15 de outubro de 2007. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  3. "La estatua original de Emilia Pardo Bazán regresa a los Jardines de Méndez Núñez de A Coruña". Quincemil (en castelán). 4-11-2021. Consultado o 11-11-2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas