Saltar ao contido

Casa do Consulado

Casa do Consulado
Fachada da Casa do Consulado.
Edificio
LocalizaciónPª Pintor Álvarez Sotomayor, 1,
15001, A Coruña
Coordenadas43°22′20″N 8°23′59″O / 43.372305555556, -8.3996666666667
Casa do Consulado en Galicia
Casa do Consulado
Casa do Consulado
Localización da Casa do Consulado en Galicia.
Uso(s)Biblioteca e sede de varias academias galegas
Remate1779
Dimensións
Plantas3 e ático
Equipo
Arquitecto(s)Pedro Martín Cermeño
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Ramos,[1] posteriormente chamada Casa Real do Consulado e, abreviadamente, Casa do Consulado, é un edificio de estilo neoclásico[2] da cidade da Coruña construído no século XVIII.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A fachada do edificio é de perpiaños de granito con almofadado no baixo que continúa polas esquinas, e conta con tres andares e ático.[3] Na primeira planta destaca un gran balcón corrido de forxa ó que dan as súas cinco fiestras. Na segunda planta ten tamén outras cinco fiestras, neste caso cuns pequenos balcóns individuais. Na parte superior da fachada posúe un reloxo.

O edificio ten un patio interior, cunha grande escaleira, sobre o que se estruturan as plantas do edificio.

O edificio foi construído en 1779 como vivenda para o comerciante José Ramos e dirixidas as súas obras polo arquitecto Pedro Martín Cermeño. Cando o 29 de novembro de 1785 se creou o Real Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña, a nova institución alugou o edificio, que finalmente comprou en 1793.[4]

A primeira modificación do edificio chegou en 1794 cando se substituíu a terraza por un teito de tella e se engadiu o reloxo.[3] En 1806 o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde fundou a Biblioteca do Consulado, primeira biblioteca pública da cidade.[5]

O Real Consulado foi substituído por outras institucións ata a creación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña en 1886, manténdose na mesma sede ata 1926.[4]

O 4 de setembro de 1905 celebrouse no Salón de Actos deste edificio a constitución da Academia Galega da Lingua sendo elixidos Manuel Murguía, presidente, Uxío Carré Aldao, secretario e Xosé Pérez Ballesteros, tesoureiro.[6]

Entre 1942 e 1946 levouse a cabo un proceso de reforma interior segundo o proxecto de Antonio Tenreiro para establecer no edificio o Museo de Belas Artes, aumentándose tamén a súa altura. O museo mantivo esta sede entre 1947 e 1995.[3]

O edificio foi cedido ao concello da Coruña en 2014.[7]

A Casa do Consulado é a sede da Biblioteca do Consulado[8] e de catro academias galegas: as de Belas Artes (desde 1898),[9] Xurisprudencia (desde 1966),[10][11] Audiovisual (desde 2002)[12] e Gastronomía (desde 2008).[13][14]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]