Saltar ao contido

Palacio de María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de María Pita
Fachada do palacio municipal.
Edificio
LocalizaciónPraza de María Pita, 1,
15001, A Coruña
Coordenadas43°22′17″N 8°23′45″O / 43.3713, -8.39592
Palacio de María Pita en Galicia
Palacio de María Pita
Palacio de María Pita
Localización do Palacio de María Pita en Galicia.
Uso(s)Sede do concello
Construción
Inicio1904
Remate1912
Equipo
Arquitecto(s)Pedro Mariño
editar datos en Wikidata ]

O palacio de María Pita, ou tamén pazo de María Pita,[1] é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal.

Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:

Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III.[3] Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.[4]

Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838.[3]

Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  2. En galego, "Casas consistoriais da moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández, Xosé. El ayuntamiento y la plaza de María Pita de La Coruña. Recortables de La Coruña. 
  4. Ficha en Turgalicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Fernández, Xosé. Historia del Ayuntamiento de La Coruña. Biblioteca Coruñesa (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-36-6.